Ourense Provincia

O Psoe de A Peroxa denunica as actitudes "antidemocraticas" do alcalde

Os socialistas afirman que nos últimos nove meses tan só se celebrou un pleno ordinario, o pasado mes de agosto, a pesar de acordar que se celebrarían co carácter bimensual

Óscar Gómez

Ourense |

Casa do Concello de A Peroxa | onda cero

O PSdeG-PSOE de A Peroxa denuncia as actitudes “antidemocráticas” do alcalde do Partido Popular, Manuel Seoane, que nos últimos nove meses tan só convocou un pleno ordinario, o pasado mes de agosto, impedindo deste xeito a labor da oposición e a presentación de iniciativas. Os socialistas denuncian que alcalde “incumpre” o acordado no pleno de organización, no que quedou fixada a celebración de plenos con carácter bimensual. O rexedor opta pola convocatoria de plenos extraordinarios, como o de mañá, co único fin de “impedir” que o PSdeG no municipio presente mocións e preguntas.

Pero non só hai unha “ausencia total de transparencia” na convocatoria dos plenos, denuncian dende o Grupo Municipal Socialista “senón tamén a hora de facilitarnos a información que requirimos”. Os socialistas levan meses agardando por documentación que solicitaron vía rexistro e “respostas importantes para o futuro do noso municipio”, denuncia o voceiro socialista Antonio González Fiuza.

Fiuza destaca un caso “flagrante” e que amosa “a falta total de transparencia instaurada por Seoane en A Peroxa” como é a de que os socialistas teñan acceso as facturas do concello. “Levamos dende o primeiro trimestre de 2018 sen ter acceso as facturas do que gasta o Concello”, explica o voceiro socialista que tamén apunta que “ 2018 foi a última vez que tivemos acceso as facturas e máis de dous anos despois seguimos agardando porque nos faciliten consultar as mesmas, pero o alcalde alega que nos permitirá acceso cando o Concello teña persoal”.

Unha situación, que os socialistas consideran como “anómala e impropia dun goberno democrático”, deixa claro que o grupo de goberno do Partido Popular “non quere render contas a oposición nin a veciñanza” e tal e como apuntan dende o Grupo Municipal Socialista “parece que Seoane quere agochar algo, senón non se entende que non nos facilite á oposición información de primeira man e importante para o devir do noso municipio”, explica González Fiuza.

A Peroxa celebrará mañá un pleno extraordinario, no que o PSdeG-PSOE non poderá rexistrar as súas iniciativas e preguntas, polo que o voceiro dos socialistas pídelle ao alcalde que “sexa democrático e permita o debate e que os socialistas levemos a pleno as nosas cuestións”. Cabe lembrar que nos plenos extraordinarios non é posible o rexistro de mocións e preguntas para responder durante a celebración no pleno, polo que dende o Grupo Municipal Socialista de A Peroxa requírenlle que “se deixe de plenos extraordinarios e cumpra co pactado no seu momento, facendo plenos ordinarios cada dous meses”.