Ourense Cidade

O Psoe pidelle a Rosana Murillo o "rescate urxente" do termalismo

Os socialistas ourensáns reclamaron a posta en valor do potencial termal da cidade e da provincia e denunciaron o abandono termal que padece Ourense polo desleixo do goberno local e autonómico.

Óscar Gómez

Ourense | 09.02.2023 08:11

O Psoe pidelle a Rosana Murillo o "rescate urxente" do termalismo
O Psoe pidelle a Rosana Murillo o "rescate urxente" do termalismo | onda cero

O PSdeG-PSOE de Ourense recibiu a visita da secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, a quen as e os socialistas deron traslado das súas propostas para o “rescate urxente” do termalismo na cidade e na provincia.

Morillo estivo acompañada do Delegado de Goberno, José Miñones, do Subdelegado de Goberno, Emilio González, do candidato á Alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez, dos deputados provinciais Rafa Villarino e Diego Fernández e dos edís Natalia González, Borja Trigás e Concha García.

Nunha visita ás Burgas, os socialistas ourensáns reclamaron a posta en valor do potencial termal da cidade e da provincia e denunciaron o abandono termal que padece Ourense polo desleixo do Goberno local e autonómico ao tempo que lembraron o compromiso do Goberno central nesta materia con obras coma a variante norte, o investimento máis importante da historia na terceira cidade de Galicia, que permitirá impulsar o bulevar termal.