Educación

O Psoe reclama una escola infantil para o barrio da Carballeira

Os socialistas recollen así a demanda que veñen realizando dende fai anos as asociacións de veciños Carlasca, Arranxar e O Castelo ampliando a servizo infantil o CEIP Manuel Luis Acuña

Óscar Gómez

Ourense |

O Psoe reclama una escola infantil no barrio da Carballeira | Faro de Vigo

O PsdeG-PSOE de Ourense levará ao pleno do Concello do vindeiro venres unha moción para que dende o consistorio insten á Consellería de Educación da Xunta de Galicia á implementación dunha nova escola de educación infantil dentro das instalacións do CEIP Manuel Luis Acuña no barrio de A Carballeira. Os socialistas rexeitan a “escaseza” de oferta de escolas infantís en Ourense que provoca que as nais e os pais dos nenos teñan que acudir a centros privados, no tramo de 0 a 3 anos, ao non dispor de vacantes nos de titularidade pública. Súmanse así as demandas que veñen realizando dende as asociacións de veciños da zona – AVV Carlasca, AVV O Castelo e AVV Arranxar- para solventar o problema de escolaridade dos nenos en idade infantil sen que se teñan que desprazar a outros barrios.

Os socialistas defenden que se trata dunha “reclamación” que a veciñanza do barrio da Carballeira fai dende hai anos, solicitando a dotación, por parte da Xunta de Galicia, dunha escola infantil e “rexeitan” a “paralización” da administración galega ao respecto, dado que incluso contan coas instalacións para elo dentro do actual CEIP Manuel Luis Acuña, situado no barrio e que dispón dunha ampla parcela, con máis de 3.000 metros de patio; así como, un antigo ximnasio, dotado de aseos e calefacción, cunha capacidade real para 25 prazas de nenos de 0 a 3 anos, que logo poderían continuar a súa formación no devandito centro escolar.

A esta situación, súmase o feito de que A Carballeira é “un dos barrios da cidade con máis poboación inmigrante” e, en consecuencia, “máis necesitado de atención as familias con nenos en idade escolar” e de dotación de recursos públicos que garantan o acceso a un ensino de calidade e en condicións de igualdade de oportunidades, expoñen dende o PSdeG-PSOE. Unha situación que preocupa ao propio equipo directivo do centro educativo, tal e como lle aseguraron ao grupo municipal.

Esta demanda xa a veñen realizando os socialistas dende o anterior mandato do Partido Popular e, actualmente, acontece estase a producir unha progresiva pérdida de alumnado do centro, dende os 337 matriculados inicialmente ata os 80 rexistrados no curso escolar que acaba de rematar, súmase un progresivo deterioro das súas instalacións, que acumulan unha serie de deficiencias e necesidades. Entre elas, destacan a necesidade de aveciñamento da fachada, acondicionamento do muro do recinto, ou mesmo tarefas básicas de limpeza da maleza que invade o patio, aparte das necesidades engadidas de transporte público, tendo en conta que se trata dunha localización cun importante repeito, que dificulta a chegada e acceso ao centro de ensino.

Dende o grupo municipal socialista consideran que a educación é un “servizo público básico universal e de carácter integral”. Os primeiros anos de vida dos cativos resultan fundamentais na súa educación, personalidade e desenvolvemento como persoas. De aí a necesidade de dispoñer dunha oferta pública suficiente de escolas infantís, que garantan que as familias con menos recursos poidan acceder as mesmas, ademais de contribuír, deste xeito, á necesaria conciliación da vida familiar e laboral.