Pensiones

O Psoe salienta a actualización das pensións levada a cabo polo goberno central

Afirman que se trata dunha recuperación “xusta” do sistema e apuntan a que con estas medidas “os e as pensionistas recuperan o dereito ao mantemento do poder adquisitivo das súas pensións”.

Óscar Gómez

Ourense | 27.01.2023 07:54

Así cambiará la jubilación en 2023: periodos cotizados y edad exigida
Imagen de archivo de pensionistas. | Agencia EFE

O PSdeG-PSOE de Ourense salienta que a subida das pensións, gracias a reforma levada a cabo polo executivo presidido por Pedro Sánchez, permitirá que máis de 106.725 pensionistas da provincia vexan revalorizadas as súas pensións. Os e as socialistas destacan que a actualización das pensións do Goberno central “garante un sistema de pensións xusto e sostible para a provincia e que as pensións suban de forma automática co IPC, como aconteceu no 2022, no que as pensións se revalorizaron un 2,5% conforme o IPC de 2021”.

os pensionistas recuperan o seo poder adquisitivo

Os representantes do PSOE ourensán no Congreso e Senado, Adolfo Pérez Abellás, Uxía Tizón Vázquez e Miguel Bautista Carballo destacan que o obxectivo desta actualización levada a cabo polo goberno de coalición, encabezado polo PSOE, “busca subir as pensións do presente e garantir as do futuro, protexer as pensións da mocidade, defender o Estado de benestar, avanzar no diálogo social, protexer o dereito a unha pensión digna, garantir e blindar a revalorización das pensións acorde ao IPC, e o que é máis importante, por fin a reforma das pensións do PP”.

Os socialistas ourensáns afirman que se trata dunha recuperación “xusta” do sistema de pensións e apuntan que con estas medidas “os e as pensionistas recuperan o dereito ao mantemento do poder adquisitivo das súas pensións”. Neste senso tamén sinalan que “non hai recuperación xusta se a revalorización das pensións implica un empobrecemento continuo dos pensionistas” e poñen en valor que “a implantación do Mecanismo de Equidade Interxeneracional regulará os esforzos entre xeracións, evitando recortes na pensión inicial, tal e como aplicaba o Factor de Sostibilidade”.

A número 2 no Congreso polo PSdeG-PSOE de Ourense, Uxía Tizón, subliña que en Ourense “máis de 106.725 pensionistas comprobarán que namentres o PP subía un 0,25% as pensións, que tanto prexudicou o poder adquisitivo dos nosos maiores, este goberno garante o seu futuro”. Neste senso, a deputada socialista explica que “as pensións contributivas soben un 8%, namentres que as non contributivas de maneira extraordinaria” e fai fincapé que a pensión media en Ourense, ata agora de 812 euros, “aumentará en 1.500 € o ano e a de viuvez en 930 euros o ano”.

Tizón Vázquez afirma que o Goberno central “cumpre cos pensionistas actuais e futuros, garantindo o sistema público de pensións, cumprindo cos axentes sociais e o fortalecendo da Seguridade Social”. A parlamentaria socialista tamén destaca que de 2018 a 2023 “as pensións medias de xubilación dos ourensáns e das ourensás aumentaron un 25% e foi o PSOE o que conseguiu este aumento histórico”.

No relativo á provincia de Ourense, esta actualización das pensións beneficiará a un total de 106.725 pensionistas, dos cales 64.270 pertencen ao réxime xeral, 38.146 ao réxime de autónomos, 86 ao réxime especial de traballadores do mar, 238 aos traballadores da minería e o carbón, 2.072 a accidentes de traballo, 879 a enfermidades profesionais e 1034 ao SOVI.