O grupo municipal socialista votou en contra da ratificación da urxencia do pleno extraordinario ao comprobar unha vez máis o proceder errático do Goberno de Jácome no que atinxe aos procedementos administrativos. “As modificacións de crédito non contan con informes de intervención”, puxo de relieve a edil do PSdeG María Fernández ao remate da sesión.
“Estas modificacións de crédito partían dunha inicial, a 19P do servizo de Infraestruturas, e por motivos que descoñecemos foi dividida en tres: unha para plan de choque con 3,5 millóns de euros, que se atopa adxudicado sen crédito o que supón unha profunda irregularidade administrativa da que pediremos explicacións; e outra na que se tenta habilitar crédito para o pago de obras, aínda que os informes do técnico de xestión económica indican que estas obras xa contaban con crédito para ser pagadas”, afirmou a concelleira socialista.
Tampocuco podían afianzar a votación en pleno das dúas modificacións orzamentarias ao facilitarse un informe pertencente á xa mencionada 19P. “O propio alcalde recoñeceu a ilegalidade das actuacións que, obviamente, non poden ser avaladas pola oposición ou os técnicos municipais”, rematou Fernández.