POLÍTICA MUNICIPAL OURENSE

O Psoe solicitará á Xunta que "tome cartas sobre o dererioro patrimonial" nas Burgas

O Psoe denuncia o abandono que sofre o Complexo Termal de As Burgas e pide á Consellería de Cultura que defenda o patrimonio

Jesús Álvarez

Ourense |

Rolda de prensa do grupo Municipal do Psoe a carón das Burgas
Rolda de prensa do grupo Municipal do Psoe a carón das Burgas | Onda Cero Ourense

O Grupo Municipal do Psoe no Concello de Ourense denunciou de novo a demora na apertura da piscina termal das Burgas e demandou a intervención da Consellería de Cultura para que vele polo suposto incumplimento da Lei de patrimonio ante o "deterioro" que está sofrindo o legado arqueolóxico do Complexo termal de As burgas coma a piscina romana que segundo denunciou o edil José Angel Vázquez Barquero "está sen limpar e chea de silveiras". Non entende Barquero coma un lugar tan importante para a dinamización turística está en semellante estado de "abandono" por parte do goberno local de Democracia Ourensana.

Aseguraban os socialistas que dende a denuncia realizada hai dez meses cando xa a reapertura da piscina termal acumulaba 3 anos de retraso, "apenas houbo cambios" e anque recoñecen que as obras da piscina foron recepcionadas, cren que o retraso acumulado débese ás "deficiencias técnicas insalvables que xa se coñecían." Por elo cuestionan as "responsabilidades do concelleiro de infraestructuras" e preguntan "quén será o que pague agora" o incremento de custes para solverntar as eivas.

Para os socialistas tamén é incomprensible que os "apartamentos termais" leven oito anos de demora e que tampouco esté en funcionamento a "taberna termal".