Terremoto Marrocos

O Psoe trasládalle o seo apoio a comunidade marroquí en Xinzo de Limia

A delegación socialista que acudía á capital da Limia desvelou que están a traballar en diferentes iniciativas dirixidas a axudar a Marrocos, tanto nos concellos onde gobernan como alí onde son oposición.

Óscar Gómez

Ourense | 11.09.2023 08:12

O Psoe traládalle o seo apoio a comunidade marroquí en Xinzo de Limia
O Psoe traládalle o seo apoio a comunidade marroquí en Xinzo de Limia | onda cero

O Secretario Provincial do PSdeG-PSOE, Rafael Villarino, encabezou unha delegación que acudíu este sábado a Xinzo de Limia para encontrarse coa numerosa comunidade marroquí desta vila e trasladarlles “toda a solidariedade e soporte” do seu partido tralo terremoto rexistrado en Marrocos. Villarino adiantou que a comunidade marroquí de Ourense “pode contar coa total colaboración” dos concelleiros socialistas na provincia” e co grupo provincial na Deputación de Ourense “nestes momentos tan difíciles”.

O Secretario Provincial do PSdeG-PSOE acudíu ao encontro acompañado da antigua rexedora de Xinzo de Limia e deputada provincial, Elvira Lama, dos concelleiros socialistas na corporación local e os secretarios de emigración e relacións internacionais da executiva provincial do PSdeG-PSOE, Luís Gulín e David Alvarado, respectivamente. “Na medida das nosas posibilidades, os socialistas faremos todo o posible para contribuir a paliar os efectos da traxedía que está vivindo Marrocos, de onde son orixinarios algúns dos nosos veciños en diferentes municipios da provincia, nomeadamente Xinzo de Limia”, afirmou Villarino que, recordemos, foi elixido senador nos comicios do pasado 28 de maio.

Nesta mesma liña incidíu a antiga rexedora da vila, Elvira Lama, quen non deixou de subliñar o “inxente traballo” dos servizos sociais do Concello baixo o seu mandato “a favor da acollida de todas as persoas migrantes da comarca da Limia”. Segundo esta, que non deixou de estar en contacto nin un momento desde que trascendeu a noticia do terremoto, “somos un referente de diversidade cultural e convivencia en Galicia, de aí a nosa particular sensibilidade cando no país de orixe das nosas veciñas e veciños ocorren semellantes catástrofes, que non nos deixan indiferentes a ningún de nós”.

Durante o encontro coa comunidade musulmana, a delegación socialista desvelou que se están a traballar en diferentes iniciativas dirixidas a axudar a Marrocos, tanto nos concellos onde gobernan como alí onde son oposición, e tamén desde a propia Deputación. “Estamos a avaliar a implementación de axudas directas, campañas de recollida de fondos, alimentos, roupa e todo aquelo que poda ser útil neste momento, e mesmo estamos a valorar a capacidade dos nosos concelos para eventualmente acoller a damnificados”, explicou David Alvarado. “Aínda non estamos en disposición de concretar estas medidas porque queremos que sexan eficaces e non un mero anuncio”, concluí Luís Gulín.