Concello de Verín

A Biblioteca de Verín presenta a quinta edición das súas Xornadas de Novela Histórica

Segundo explicou o alcalde de Verín, «Un ano máis, a biblioteca municipal de Verín converterá á vila do Támega no epicentro da novela histórica, atraendo a mirada dun total de seis autoras e autores de primeiro nivel dentro deste xénero literario».

Onda Cero Ourense

Ourense | 09.02.2022 18:50

A Biblioteca de Verín presenta a quinta edición das súas Xornadas de Novela Histórica
A Biblioteca de Verín presenta a quinta edición das súas Xornadas de Novela Histórica | Concello de Verín
Xornadas de Novela Histórica

Os vindeiros 25 e 26 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín converterá, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a quinta edición das “Xornadas de Novela Histórica”. Nesta volta levarán por título “Novas miradas na Novela Histórica”, e participarán nas mesmas escritores e escritoras de primeiro nivel que disertarán sobre temáticas moi diversas, dentro de devandito xénero literario.

Devandito evento, que terá lugar no Auditorio de Verín, foi presentado está mañá na Biblioteca polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane e polos responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez.

Gerardo Seoane, alcalde de Verín, presenta as Xornadas de Novela Histórica

«Tras o parón obrigado pola pandemia, é todo un pracer poder estar aquí hoxe retomando un dos eventos máis importantes da axenda cultural verinesa», explicou Gerardo Seoane. «Un ano máis, a nosa biblioteca municipal converterá á vila do Támega no epicentro da novela histórica, atraendo a mirada dun total de seis autoras e autores de primeiro nivel dentro deste xénero literario».

Vicente Rodríguez, un dos organizadores das Xornadas de Novela Histórica

Segundo destacou Vicente Rodríguez, nesta quinta edición, participarán -como vén sendo habitual- escritoras e escritores de grande prestixio. As xornadas arrincarán o venres 25 de marzo pola mañá cunha conferencia impartida polos catedráticos de historia e novelistas José Luís Corral e José Calvo Poyato. Baixo o título “As Fake News na historia”, a charla estará moderada pola escritora María Zabay, e terá como público en exclusiva aos alumnos e alumnas dos centros de ensino de Verín.

A partir do venres a tarde comezará a programación dirixida ao público en xeral, comezando a xornada co acto inaugural presentado por Lara Páez, en calidade de Voluntaria da Biblioteca do Concello de Verín, e pola concelleira de Cultura, Emilia Somoza.

A primeira das conferencias do venres será a do profesor e novelista Alberte Blanco Casal, que centrará a súa intervención falando sobre a batalla de Rande; reflectida na súa novela “Códice esmeralda” (editorial Xerais, 2017.). Seguidamente -e pechando a xornada do venres- será a quenda da escritora María Zabay, quen a través da súa novela “El zapato de la lengua rota” (editorial

Almuzara, 2011) trasladará aos asistentes a un momento histórico crucial para humanidade como foi o amencer do nazismo.

O sábado 26 comezarán cun segundo pase da conferencia “As Fake News na historia” dos profesores e novelistas José Luis Corral e José Calvo Poyato, esta vez, aberta a o público xeral e moderada pola escritora María Zabay. Despois intervirá o escritor, xornalista e presidente da Real Academia, Víctor Fernández Freixanes, cunha conferencia titulada “Memoria e espello de nós”, moderada polo etnógrafo e colaborador habitual da Biblioteca, Miguel Losada. A última conferencia titulada “Castellano: Castilla y los comuneros” será impartida polo escritor Lorenzo Silva. A mesma -que será moderada por José Calvo Poyato- está relacionada coa súa novela homónima “Castellano” (editorial Destino, 2021).

As V Xornadas de Novela Histórica pecharán coa intervención, a modo de clausura, do antropólogo e tamén colaborador habitual da Biblioteca o Doutor Manuel Mandianes Castro e, seguidamente, do alcalde de Verín Gerardo Seoane Fidalgo.

Así mesmo tódalas sesións das xornadas estarán acompañadas polas intervencións musicais do filólogo e profesor de música do IES Taboada Chivite, David Rodríguez Rivada.

Entradas a 2 euros

As entradas para o evento, que terán un custo de 2 euros, poderán retirase presencialmente na propia Biblioteca municipal, ou formalizarse realizando un ingreso na conta bancaria do Concello de Verín ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324, debendo neste caso notificarlle o ingreso á biblioteca. a través do mail biblioteca@verin.gal. Segundo explicou Vicente Rodríguez, «este ano implementamos unha entrada cun prezo simbólico coa finalidade de evitar, como pasou na cuarta edición das xornadas, que a xente reserve localidades sen ter a certeza absoluta de acudir ao evento, feito que conlevou a que moita xente realmente interesada quedase sen sitio».

Toda a información sobre os relatores e relatoras, entradas ou outras curiosidades están na web oficial do evento.