O concurso de maios e coplas convocado polo Concello de Ourense pola Festa dos Maios 2022 xa ten gañadores. O xurado, logo de avaliar os traballos realizados polos diferentes participantes (28 maios en total) e escoitar as coplas, acordou conceder os seguintes premios:
Premio Maio artístico:
1º Premio 800,00 €. A vendima Ratos de biblioteca (Cudeiro)
2º Premio 600,00 € A marcha das mulleres
3º Premio 400,00 € Club de Hockey Albor
Premio Maio enxebre:
1º Premio 500,00 € Os Lolailos
2º premio 300,00 € A. C. Auriense
3º Premio 200,00 € Maio ínfimo
Premio Maio creativo: 300,00€ IES 12 de Outubro
Premio maio infantil: 300,00€ CEIP A Ponte
Premio mellores coplas 300,00€ A marcha das mulleres
Premio mellores coplas infantís: 300,00€: CEIP As Mercedes
Este ano a principal novidade é que o certame premia non só o mellor maio tradicional e artístico, senón aos 3 mellores dambas categorías. Ademais, o Concello concederalle unha axuda pola participación de 300,00 € a todos os Maios presentados (28 maios en total).