POLÍTICA MUNICIPAL OURENSE

O PP reclama aparcamentos disuasorios e rematar co caos de tráfico

O grupo municipal do PP no Concello de Ourense urxe solucionar o caos de tráfico na capital e que via unido á mellora do transporte público

Jesús Álvarez

Ourense |

Inma Moreiras nos estudios de Onda Cero
Inma Moreiras nos estudios de Onda Cero | onda cero

O grupo municipal do PP no Concello de Ourense solicita ao goberno local que solucione a falta de plazas de aparcadoiro na capital. Os populares apostan pola posta en marcha urxente dos aparcadoiros disuasorios en diferentes puntos periféricos da cidade para solucionar o caos actual á hora de estacionar.

Dende o Grupo municipal do PP indican que esta medida debería ir ligada a unha mellora do transporte público para que a xente poda chegar ao seu destino unha vez que aparca o coche. Tamén insisten os populares na necesidade de cumplir ca implantación da zona de baixas emisións dacordo á normativa estatal.

Consideran os populares que no tocante aos autobuses hai que mellorar o cumplimento de horarios, incrementar frecuencia e ter aplicacions móbiles actualizadas e lembran a mnecesidade de ter a cidade adaptada para as visitas turisticas de cara ao nadal.

Dende o PP sinalan que estas medidas xa foron solicitadas nun pleno no mes de xullo.