Demandas Pediatría

Reivindican no Parlamento pediatras para o Centro de Saúde de A Ponte

A ANPA do CEIP de Prácticas recolleu un milleiro de sinaturas.

Paco Sarria

Ourense |

Reivindican no Parlamento pediatras para o Centro de Saúde de A Ponte
Reivindican no Parlamento pediatras para o Centro de Saúde de A Ponte | Onda Cero Ourense

O Parlamento de Galicia debate hoxe a demanda socialista para que Sanidade recupere a atención pediátrica que tiña o centro de saúde de A Ponte antes da pandemia.

A parlamentaria Carmen Rodríguez Dacosta presenta unha proposición non de lei en Comisión para que o goberno e o resto de grupos se posicionen.

“O déficit de pediatras na provincia de Ourense é un tema recorrente que derivou na recollida de sinaturas, mobilizacións e en protestas dos pais e nais afectados por unha situación que lles povoca un grave perxuicio” lembra a deputada autonómica ourensá.

Denuncia asemade a sobrecarga de traballo dos facultativos que a día de hoxe está a ser inasumible.

No caso de A Ponte, dende a ANPA do CEIP de Prácticas recolleron máis de mil sinaturas na sua movilización.