Ourense Cidade

O PP rexeita a difamación amosada por Villarino

O Psoe de Villarino está a amosar a súa faciana máis deplorable, atentando contra a honra das persoas sen ningún tipo de respecto cara un dereito fundamental como é a presunción de inocencia.

Óscar Gómez

Ourense | 29.04.2021 08:07

O PP rexeita a difamación amosada por Villarino
O PP rexeita a difamación amosada por Villarino | La voz de galicia

O PSOE de Villarino está a amosar a súa faciana máis deplorable, atentando contra a honra das persoas sen ningún tipo de respecto cara un dereito fundamental como é a presunción de inocencia. Quenes acusan de “actitudes antidemocráticas” evidencian a súa falta de escrúpulos e a súa ira descontrolada por non acadar os seus obxectivos persoais.

Este comportamento continuo de Villarino imposibilita calquer diálogo con esta persoa. Sobre o insulto e a difamación non se xenera confianza nin estabilidade. Así, as declaracións do PSOE de Villarino contra José Cudeiro son unha barbaridade e atentan contra a súa honorabilidade e presunción de inocencia nun asunto que está xudicializado. Por elo, o PP rexeita contundentemente a indignidade do PSOE coas súas graves e infundadas acusacións contra o ex concelleiro de Urbanismo, que difaman e amosan o peor da política de Villarino.

Os populares da cidade esixen unha rectificación das aseveracións do PSOE en nota de prensa trala Comisión de Investigación sobre un expediente urbanístico, asunto que está á espera de sentencia xudicial e require, cando menos, un escrupuloso respecto á presunción de inocencia e aos procesos xudiciais que está actualmente en marcha. “Deploramos que se utilice a política para afundir o prestixio profesional e a honorabilidade das persoas.

Acusar de “delitos” sen probas é un delito en sí mesmo, e así o deixei claro nunha rolda de prensa dos promotores do edificio cando acusaron de cousas moi serias, sen probas e sen garantías”, recalca Sonia Ogando. “Endexamáis permitiremos que as acusacións infundadas, as calumnias e as difamacións campen ás súas anchas polos carreiros da política, modus operandi principal do PSOE de Villarino”, sinala Sonia Ogando.