Ribadavia

Ribadavia acolle do 3 ao 5 de Maio a edición número 61 da "Feira do viño do Ribeiro"

No evento participarán 36 adegas e incorpórase ao recinto da Alameda unha "zona gastronómica".

Jesús Álvarez

Ourense | 30.04.2024 08:11

Ribadavia acolle do 3 ao 5 de Maio a edición número 61 da "Feira do viño do Ribeiro"
Ribadavia acolle do 3 ao 5 de Maio a edición número 61 da "Feira do viño do Ribeiro" | onda cero

Dende o venres 3 ao domingo 5 de Maio, a vila ourensá de Ribadavia acolle a edición número 61 da "Feira do Viño do Ribeiro" -declarada feira de interese turístico nacional- na que participarán 36 adegueiros e será pregoeiro o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Celso Rodríguez Padrón, natural de Ribadavia.

A feira foi presentada nun acto no que Manuel Pardo estreábase coma delegado da Xunta en Ourense destacando a "singularidade e potencialidade" dos viños do ribeiro e a súa "calidade".

O presidente da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Casares sinalou que o evento seguerá o formato tradicional anque incorpora novidades coma a elección do cartel mediante un proceso de concorrencia competitiva no que votaron unhas 300 persoas. Tamén se prolonga o horario de actividades no centro da vila anque o recinto peche as once da noite e ademáis haberá unha zona gastronómica que dará saida a unha vella demanda.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández agradeceu a labor realizada polo actual presidente do Consello Regulador e fixo un convite a participar nesta nova Feira do Viño do Ribeiro destacando a importancia crecente dos viños na economía da comarca convencido de que xa están nun nivel de “excelencia”.