Cultura

Ribadavia celebra o día das letras galegas cun amplo programa

A Concellaría de Cultura de Ribadavia celebrará o Día das Letras Galegas rendendo homenaxe á Francisco Fernández Del Riego, programando diferentes actividades culturais, artísticas e de lectura durante a semana das letras galegas.

Óscar Gómez

Ourense | 09.05.2023 10:48

Ribadavia celebra o día das letras galegas cun amplo programa
Ribadavia celebra o día das letras galegas cun amplo programa | onda cero

Un importante programa cultural e lúdico que a concelleira de cultura, e vice-alcaldesa de Ribadavia Paula Rodríguez, presentaba xunto co portavoz do goberno municipal, Brais Fidalgo.

14 DE MAIO:

- Encontro de escritoras arredor da figura de Francisco Fernández Del Reigo, homenaxeado nas Letras 2023:

Hora: 12:30Lugar: Casa do Concello.

Intervirán: Malores Villanueva, Roberto Pascual e Oriana Méndez.Modera: Alba Chao (Xornalista).

- Obra de Teatro: Relatos da fin da era humana. De Teatro Experimental de BarbadásAuditorio Manuel María da Casa da Cultura.

Hora: 20:00.Recomendado a partir de 12 anos.

16 DE MAIO

Presentación do libro A NUNCA VISTA, de Ana Abad. Obra gañadora do premio Abrente de Textos teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en 2022.Lugar: Casa da Cultura

Hora: 20:00.

17 DE MAIO

11:00 horas: pasarrúas do Grupo de Baile e Música Tradicional SADEO

- Conmemoración do 50 aniversario da 1ª Mostra de Abrente. Lectura de OBRA por persoas vencellas á xeración Abrente.

Lugar: Praza Maior.Hora: 12:00 horas.

- ACTUACIÓN do Grupo de Baile e Música Tradicional SADEO.

Hora:13:00H.Lugar: Praza Maior

- Teatro infantil:

A TEIMA DE XOANA. De Valparaíso.A ESCOLA DE DONA LOLA. De Anaquiños de Francelos.

Grupo de canto Anaquiños.Lugar: Local social de Francelos, Fontiña Mariña.

Hora: 19:00

20 DE MAIO

- ESPECTÁCULO MUSICAL CRÚAS. Recital musical de piano e voz de obra de autoras e autores galegosLugar: Local Social da Madalena.

Hora: 20:30

Ademais, do 15 ao 21 de maio terá lugar a SEMANA DO LIBRO GALEGO, con axudas do concello á compra de libros en galego nas librerias de Ribadavia, GOYMA, FOLLAS NOVAS e MAFRANCH.