A obra permitirá corrixir eivas estruturais existentes desde a súa construción fai máis de vinte anos. É unha reivindicación dos usuarios de Ribadavia e do seu club de tenis, que está medrando ano a ano.
E O CLUB está no circuíto da Liga Galega de Tenis, polo que a partir de agora poderán facer uso dunha pista homologada. Con esta mellora o Concello quere dar o seu apoio a este deporte e aos moitos veciños que o practican. Ademais, tamén existe unha escola deportiva con nenos de Ribadavia e do Ribeiro.
O Concelleiro de deportes, Enrique Rodríguez, manifesta a súa satisfacción por poder cumprir este compromiso do goberno municipal, e recorda que en 2022 fixéranse outras melloras, como a instalación de iluminación e a limpeza profunda de todas as pistas.
Brais Fidalgo, portavoz do Concello, recorda que esta mellora é a primeira fase e que a mellora de toda a instalación poderá continuar en 2024, xa que neste exercicio está previsto que aumente a capacidade de investimento do Concello. Así mesmo, recorda que este proxecto de mellora realizase con cargo aos recursos unicamente municipais, xa que con anterioridade se lle trasladara á Xunta de Galicia, a Deporte Galego, e á Deputación, sen obter a súa colaboración con esta infraestrutura de Ribadavia.