O Proxecto denominase “Humanización e embelecemento do Camiño da Barca no seu acceso ao Castelo dos Condes Sarmiento”, e presentase ao amparo da RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas para o ano 2023.
Este proxecto foi rexistrado na Deputación de Ourense o ano pasado, no mes de maio.
A pesar disto, a Deputación non o tivo en conta no Orzamento 2023, nin nas reiteradas modificacións orzamentarias do exercicio 2022, tampouco vai ser incluído pola Deputación na modificación que ten prevista para este mes e que supera os 17 millóns de euros, así a Deputación vai outorgar financiamento a proxectos semellantes noutros concellos da provincia, mentres que volve excluír a Ribadavia.
Por todo isto, desde o Concello de Ribadavia decidiuse volver a presentar este proxecto na convocatoria da Xunta para subvencións a concellos para a mellora das súas infraestruturas turísticas. O proxecto ascende a 48.398,31 euros, mentres que a subvención á que se opta é de 30.000 euros, o demais sería aportado polo Concello de fondos propios.
Os materiais proposto nesta actuación de embelecemento son: - Solado mediante formigón desactivado árido visto, de 15 cm de espesor elaborado con formigón HA-20/B/6-12/IIa de áridos seleccionados segundo o acabado estético desexado, armado con fibra de polipropileno, sobre base firme e compactada coas debidas pendentes, fratasado manual, adicción de desactivante de grado de ataque acorde con granulometría do árido, posterior lavado con auga a presión descubrindo 1/3 del árido da masa con aserrado de xuntas de retracción e aplicación de resina sélante 6 - Rigola formada por pezas regulares de granito tostado seleccionado de 10cm de espesor e 30cm de ancho coa cara superior abuxardada e resto de cantos aserrados, colocado a oso, discorre formando unha tira central como división do pavimento de formigón desactivado. - Lousa de pezas regulares de granito tostado seleccionado de 10cm de espesor coa cara superior abuxardada e resto de cantos aserrados, colocado a oso en formación de beirarrúa.