Ourense Provincia

Ribadavia realizará un mural de homenaxe ás irmás Touza

A súa ubicación será no barrio da Estación, na parede medianeira do antigo Hostal Alfonso, edificio situado nunha das entradas á Ribadavia, entre a estación de Tren e o Convento de San Francisco.

Óscar Gómez

Ourense | 14.02.2023 08:54

Ribadavia realizará un mural de homenaxe ás irmás Touza
Ribadavia realizará un mural de homenaxe ás irmás Touza | onda cero

O Concello é o promotor desta acción con varios obxectivos: continuar coas actividades de Memoria Histórica de Ribadavia e coa posta en valor e difusión do legado das Irmás Touza, así como a reivindicación da muller. A acción está coordinada entre dúas concellarías, a de mocidade e cultura do Concello de Ribadavia, en colaboración coa “Asociación Interplusvalía” e o “Proyecto Confluencias y fronteras" a través da OMIX.

Esta acción situase dentro do proxecto artístico e educativo "Confluencias e fronteiras" e foi lanzado por Elisabeth BOURDON, cidadá bretoa que estivo en varios intercambios do IES Ribeiro na súa adolescencia, o que lle valeu para coñecer o noso territorio e pretender valorizar o sincretismo, as referencias culturais, históricas, linguísticas e gastronómicas que compartimos en Bretaña, Galicia e o Norte de Portugal. O obxectivo é converter este acto e estas figuras históricas das Irmás Touza en símbolos poéticos, universais, que trascenden as fronteiras, e que sendo de épocas diferentes son capaces de transmitir valores como valentía, xustiza e amor.

O Concello de Ribadavia continua poñendo en valor o legado das Irmás Touza e a Memoria Histórica como forma de divulgar os valores tan necesarios para un mundo mellor.