CONCURSO "JUNTOS BRILLAMOS MÁS"

Ribadavia será "o pobo que máis brile no nadal" 2024

A capital do Ribeiro logrou facerse con concurso que promove anualmente a marca Ferrero Rocher e será a máis iluminada o 18 de Novembro

Jesús Álvarez

Ourense |

Curso da cultura xudía e safardí en Ribadavia
Curso da cultura xudía e safardí en Ribadavia | onda cero

A vila ourensán de Ribadavia foi o pobo máis votado na edición deste ano da campaña “Juntos brillamos más” da famosa marca de chocolates Ferrero Rocher.

Grazas ao concurso que se realizou mediante votacións online, a capital do Ribeiro terá unha iluminación especial o 18 de decembro e será "o pobo que máis brille neste nadal" quedándose co alumeado que pon a marca para utilizalo cando o desexen.

A vila ourensán chegou á final coa localidade alicantina de Biar. O pasado ano outra vila ourensán, a de Celanova tamén chegou á final anque naquela ocasión o premio levouno a localidade salmantina de La Alberca

O alcalde de Ribadavia, César Fernández expresaba a sua "gran ledicia" polo apoio recibido e agradecía o "traballo" e a "unidade" da veciñanza para defender a candidatura. Para o rexedor ábrese unha nova oportunidade de que a capital do ribeiro poida poñer máis en valor no resto de España "os seus recursos termais, vinicolas e o seu atractivo natural e patrimonial".

Enlace a vídeo do concurso