Mobilizacións na Sanidade Pública ourensán

SATSE prepara paros de enfermería de quirófanos

O sindicato de enfermería Satse de Ourense acusa á dirección de "menosprezar" a estes profesionais

Jesús Álvarez

Ourense | 02.05.2024 08:02

Satse
Satse | La Voz de Galicia

O sindicato de enfermería Satse en Ourense alerta de que vai comenzar mobilizacións do persoal de enfermería en quirófanos do Complexo Hospitalario de Ourense para denunciar a situación de "inseguridade asistencial e laboral que están a percibir".

Satse denuncia desorganización horaria na actividade cirúrxica programada e acusa á direccion e xerencia sanitaria de prescindir de persoal coma as supervisoras de unidade, obviando o seu importante papel para seleccionar ao persoal idóneo para cada cirurxía e para a preparación do material necesario para as intervencións o que se traduce en "situacións de conflicto permanente, incumplindo os estándares de seguridade".

Para a responsable do sindicato de enfermería Satse en Ourense, Asun Maus o que leva a anunciar as mobilizacions é o “desprezo” co que consideran que están a tratar ao persoal de enfermería.

Dende Satse afirman que xa trasladaron esta problemática á propia dirección de enfermería da área sanitaria sen éxito por agora.