SUCESOS

Seis familias realoxadas por un lume nun edificio da Avenida de Santiago de Ourense

O suceso, que está en investigación, aconteceu na madrugada do venres ao sábado o que obrigou a desaloxar o edificio afectado e os colindantes.

Jesús Álvarez

Ourense |

Seis familias realoxadas por un lume nun edificio da Avenida de Santiago de Ourense
Seis familias realoxadas por un lume nun edificio da Avenida de Santiago de Ourense | La Voz de Galicia

Un voraz lume que comezou nos trasteiros do tellado dun edificio de tres plantas da Avenida de Santiago da capital ourensán deixou as seis familias do inmoble sen poder regresar as suas vivendas que quedaron temporalmente precintadas. Anque por sorte non houbo danos persoais, os danos materiais foron cuantiosos tanto polas lapas coma pola gran cantidade de auga utilizada polos bombeiros para a extinción e dado que a estructura do edificio estaba conformada por vigas en madeira.

Así o explicou o xefe de bombeiros de Ourense, César Pichel que sinalou que o teito colapsou sobre a última a planta producindo desplomes sobre a segunda. Pichel sinalou que o total control do lume non seu produciu pasadas doce horas e que incluso estiveron na fin de semana refriando posibles focos tomando dende o principio "medidas preventivas que garantisen a seguridade".

Precisamente o amplo e rápido desplegue de bombeiros e a colaboración policial e dos efectivos de emerxencias foi clave para desaloxar o inmoble afectado e colindantes e impedir o paso das lapas a outros edificios. Foi unha patrulla da policia local que estaba a facer un control de alcolemia na zona na madrugada do venres ao sábado a primeira en darse conta do lume e en acudir a alertar aos veciños para que sairan do inmoble recibindo tamén os afectados de xeito inmediato a solidaridade da veciñanza. Ademáis o goberno municipal do Concello de Ourense activou un protocolo de emerxencia social para que os afectados foran acollidos temporalmente en hoteis namentres non podan ir refacendo as suas vidas xa que as vivendas quedaron totalmente "inhabitables".

Os técnicos traballaban nas últimas horas para seguir garantindo a seguridade, facilitar que algúns dos moradores das primeiras plantas pudieran recoller s suas pertenzas básicas e facilitar a labor de investigación para exclarecer as causas ao tempo que tentaron facilitar que veciños das vivendas colindantes puideran regresar ás suas casas.