10 euros de multa durante seis meses (1800 euros en total co desconto do xa pagado) e retirada do carné de conducir un ano e un día foi a condea imposta pola Sala do Penal do Tribunal Supremo ao senador e ex presidente da Deputación e do PP ourensán, Manuel Baltar por circular cun coche oficial como minímo a 204 quilómetros por hora nun tramo da autovía A 52 en Zamora limitado a 120 .
Os maxistrados, baseándose nas probas practicadas e nos datos do cinemómetro da garda civil, consideran que "é unha verdade incontestable" que os feitos son constitutivos dun "delito contra a seguridade viaria" contemplado no código penal ´"para quenes superen en oitenta quilmetros por hora a velocidade legalmente permitida en via interurbán".
Sen embargo non ven na acción "un concreto perigo para a vida ou integridade física das persoas". En consecuencia, o Tribunal Supremo optou pola "privación do dereito a conducir vehículos de motor e ciclomotores" e pola sanción económica e non por outras alternativas que a lei contempla coma posibilidade de impor "penas de cadea de tres a seis meses" ou mesmo un mínimo de 31 días de traballo en beneficio da comunidade.
Doutra banda os maxistrados rexeitaron unha cuestión plantexada pola defensa para que Baltar q"uedase exento de responsabildiade criminal ao ser sancionado previamente pola autoridade admnistrativa".
Baltar terá que renunciar ao acta de senador "unha vez sexa firme a condea".