Ourense está a converterse nun destino de moda dende a chegada da Alta Velocidade Ferroviaria. As sinerxias que están a poñer en marcha o Instituto de Desenrolo Económico de Ourense (INORDE) dependente da Deputación de Ourense e touroperadores de Renfe coma a axencia "Offitravel" están a lograr que milleiros de persoas disfruten de experiencias únicas de natureza, cultura e gastronomía nesta provincia.
Neste mes de Maio acaban de presentarse, a carón do Balneario de Arnoia, do Grupo Caldaria, os novos paquetes multiaventura cos que según relatou a Onda Cero Ourense o Director de "Offitravel", o coruñés Juan Pujales, queren amosarlle aos visitantes "de xeito personalizado o mellor da nosa terra". Paseo en bici eléctrica pola contorna rural do Concello de Arnoia entre os viñedos do Ribeiro, surcar as augas do Miño nun ecobarco e probar os productos autóctonos son parte da experiencia que pode realizarse nunha fin de semana tendo coma punto de saída Madrid.
Nós tivemos ocasión de asistir á presentación destas novas experiencias que contaron cunha cata maridaxe de viños godellos ourensáns a cargo da enóloga valdeorresa, Cristina Murga. Á cita contou ca xerente do Inorde, Enma González, co director do Grupo Caldaria, Fernando Suárez xunto a un completo equipo de profesionais, entreles o anfitrión Juan Pujales que convertiu o seu traballo en paixón dende hai catro anos. De feito, no pantalán no que se celebrou a cata non faltou nen o máis mínimo detalle.
Previamente puidemos comprobar que percorrer en bicicleta eléctrica este núcleo rural e as suas paisaxes surcadas polas augas do Arnoia e Miño é toda unha gozada, sobretodo se vas acompañado dun guía tan vitalista e dinámico coma Marcos Reguera, oriundo de Málaga pero que en tan só catro meses xa foi quen de namorarse de Galicia.
A mediodía puidemos degustar as maravillas culinarias coas que cada dia sorprende aos comensais o "chef" do Balneario de Arnoia, Luís Pérez, un profesional experimentado e inventor xunto cos pulpeiros de Arcos do "xeado de pulpo".
Na xornada, non faltou o bautismo de rio cun paseo no catamarán "Xouva" cen por cen ecolóxico onde disfrutamos da paisaxe do Miño en augas tranquilas polas que tamén discorre o "Camiño Miñoto".