A gañadora aventaxaría en algo máis de dez minutos á campioa galega da pasada edición Verónica Calvo do Atetismo Sar quen desta vez lograba o subcampionato autonómico, pechando os postos de podio absoluto femininos Carla Trillo do Ría de Foz quen pola súa banda, tamén cambiaba a prata do 2022 polo bronce deste 2023.
Nos homes o subcampionato galego foi para o gañador da primeira edición do 2015 Amador Pena do Atletismo Compostela quen chegaba a sesenta e dous segundos do vencedor, ocupando o terceiro posto Rubén Insúa do Atletismo Sar.
No resto de categorías, as campioas e campións galegos foron os seguintes:
- Absoluta: Silvia Casal (Burgas Ourense) e Pablo Camescasse (C.D.Delikia)
- Sub23: Mencía Reboiro (SD Compostela) e Pablo Comescasse (C.D.Delikia)
- Máster35. Silvia Casal (Burgas Ourense) e Iván Sangiao (C.D. Biosbardo)
- Máster40. Amador Pena (SD Compostela)
- Máster45. Eva de la Fuente (CA Brion-Hyupersa) Oscar Guerra (Cambados S.N.)
- Máster50. Mª Aurora González (C.D. Pinarium) e Enrique Rey (C.A.Boimorto)
- Máster55. Raquel Estévez (CD Pinarium) Jose M. González (S.D.Barbaria R.)
- Máster60. Antonio Bermúdez (Noitebra)
- Máster65. Manuel Suárez (Vet.Samil)
Desta edición sairá gran parte da Selección Galega que tomará parte no próximo Campionato de España de Seleccións que se desenvolverá na localidade navarra de Lerín o día 7 de maio e cuxa composición darase a coñecer en breve.