INVESTIMENTOS GOBERNO OURENSE

Os socialistas ourensáns destacan os 554 millóns de inversión en infraestructuras e as políticas sociais

O senador do Psoe Rafa Villarino e a deputada Marga Martín defenderon as inversións do goberno central en infraestructuras e politicas sociais en 2024

Jesús Álvarez

Ourense |

Marga Martín (Deputada) e Rafa Villarino (Senador)
Marga Martín (Deputada) e Rafa Villarino (Senador) | Onda Cero Ourense

Os representantes socialistas ourensáns no congreso e senado defenderon hoxe as inversións do goberno de Pedro Sánchez en infraestructuras e política social en 2024 e compremetéronse a ser reivindicativos para ampliar as inversións e reverter a dinámica dunha provincia na que unha das meirandes problemáticas foi a perda poboacional que nos últimos 50 anos rondou as 166000 persoas. Precisamente os socialistas dan grande importancia ás políticas de "reto demográfico" para frear tamén a marcha da xente nova da provincia.

O senador Rafa Villarino afirmou que en infraestructuras as inversions o pasado ano rondaron os 554 millóns de euros e lembrou o "compromiso" claro ca alta velocidade cunha media de 6000 viaxeiros diarios dende que hai ave anque tamén cuestionou que logo de máis de 4000 millóns de euros que custou a infraestructura a provincia aínda non este preparada para rendabilizado ao "non contar coas políticas e infraestructuras termais, culturais ou turísticas axeitadas". Remarcou o senador socialista o compromiso ca mellora de estradas e infraestructuras clave coma as circunvalacións de Ourense ou O Barco así coma o tramo San martiño- A Barrela da futura autovía Ourense- Lugo. Tamén suliñou a inversión cultural no complexo de San Francisco ou na última fase do museo arqueolóxico que agarda poida ser outro "revulsivo" turístico.

En materia social a deputada ourensán no congreso, Marga Martín sinalou que as políticas do goberno socialista no estado "melloraron a vida dos cidadáns malia que o pp votou en contra de moitas iniciativas".

No relativo ás pensions recordou que se acordou subilas por lei dacordo ao ipc e que mentres co goberno popular de Mariano Rajoy unha pensión media era de 772 euros agora é de 1035, tamén lembrou a suba dun 54% no salario mínimo interprofesional, percibindo hoxe 400 euros máis e con 14000 beneficiarios e beneficiarias na provincia. Ademais según Martín lográronse "cifras históricas" de afiliación á seguridade social e implantouse un Ingreso Mínimo Vital que chega a 10902 ourensáns tralo "fracaso" que supuxo a Risga en Galicia. Tamén lembrou que o gobenro entregou á xunta 500 millons de euros para políticas de vivenda e destacou que o bono cultural xove chegou a un 63% de mozos e mozas da provincia (1383) ademáis de defender o bono social térmico ou o transporte gratuito que se mantén nos trens de media distancia.

Para a deputada socialista ourensán déuse tamén un salto importante no cofinanciamento da Lei de dependencia que "pasou de cobrir unha aportación dun 16% co goberno popular de Rajoy a máis dun 40% co do socialista Pedro Sánchez" anque recoñece que ainda non foi factible cumplir totalmente a Lei.