Ourense Cidade

Os socialistas piden ó PP que se aparte e lles facilite gobernar en Ourense

Os socialistas, como lista máis votada, agardan movementos, pero xa falan máis claramente que son a alternativa como lista máis votada, con 9 edís.

Óscar Gómez

Ourense |

Caballero pide al PP que apoye a Villarino como alcalde | La Voz de Galicia

Sobre o incerto futuro da cidade de Ourense planean difirentes posibilidades e ninguha delas ofrece garantías mais aló de maiorías simples que sempre serán moito máis amplas que o intento de facer gobernable o concello co un ou dous edís. Os socialistas, como lista máis votada, agardan movementos, pero xa falan máis claramente que son a alternativa como lista máis votada, con 9 edís.

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, así o sinalou na sua última visita á cidade, admitindo que (de producirse) sería un gobernó en minoría. Explicou ó socialista que percuraría pactos con outras forzas das que exclúe a PP e DO.

Na inmediatez, Caballero pide explicacións tanto a Nuñez Feijoo como a Baltar, como responsables máis directos do que está ocorrindo. En Onda Cero tivemos ocasión de preguntar ó cabeza de lista socialista, Rafael Villarino, si se ve Alcalde, respostando que a cidade precisa un proxecto que o goberno de coalición saído das furnas non lle deu.

Preguntado sobre os silencios de Baltar e Feijoo neste asunto, Villarino entende que, ademáis, o grave é a actitude dos edís populares que máis que deixar a Jácome tirado, deixan á Ourense ós pes dos cavalos.