A CEM dos socialistas de Ourense e as Xuventudes Socialistas de Ourense celebraron as II xornadas LGTBI: Ourense por Bandeira no marco das reflexións o debate e a posta en coñecemento da traballo en materia de colectivos sociais, LGTBI levados a cabo polo PSOE coa especial relevancia da Lei Trans, actualmente en tramitación no Congreso dos deputados situado os dereitos LGTBI e a diversidade no centro da súa axenda política para seguir acadando dereitos sociais e gobernando para as persoas.
Os socialistas defenden a necesidade de “buscar e resolver cuestións ao redor das siglas do colectivo LGTBI” como reivindicación a unhas “siglas que se van amplificando” na medida en que as persoas se sinten identificadas, non como “novas formas de amor”, senón como un colectivo que sempre se atopou “escondido, desdeñado e asasinado”, tal e como reivindicou a secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Alba Iglesias.
A apertura das xornadas, celebradas este domingo ao longo da mañá no salón do restaurante SanMiguel, correu a cargo da secretaria xeral da CEM de Ourense, Natalia González, que manifestou a necesidade da “defensa da igualdade” coma un tema que “non pode pasar desapercibido na axenda de Ourense”. Así mesmo sinalou que o colectivo e as reivindicacións LGTBI sempre estiveron na “axenda socialista” e dende o grupo municipal socialista son o “único partido que se posicionou a favor dos dereitos e as liberdades das persoas”.
As xornadas contaron coa participación da deputada no congreso e vogal na comisión de Igualdade, Raquel Pedraja, quen expuxo que a Lei Trans é unha lei que “dota de dereitos sociais polos que o PSOE sempre estivo á fronte” e na que se vai “debater en positivo e propositivo” xa que é a lei “principal das políticas públicas de futuro”.
Tolerancia zero cos discursos de odio e as agresións e a necesidade de visibilización e poñer o foco nos agresores e non na víctima
Pola súa banda, Santiago Rivero, secretario LGTBI do PSOE de Madrid e deputado na Asemblea de Madrid falou da “necesidade educacional” na sociedade para “romper as barreiras contra a LGTBIfobia e os delitos de odio” que cada día sitúa en crecemento. Unha necesidade que se rompe coa “aprobación da Lei de non discriminación ou Lei Zerolo que sitúa a España na vanguardia dos dereitos sociais a nivel internacional”. Rivero reivindicou a necesidade de que os socialistas gobernen neste senso con “normativas de avance social que a dereita non se atreve a recortar cando gobernan xa que eles son os primeiros que se benefician con elas”.
Así mesmo o deputado defendeu que se lexislase a nivel autonómico en materia LGTBI e Trans dado que son as autonomías quen ten as competencias en material de educación.