Na xunta de área de Urbanismo do Concello de Ourense, a concelleira popular Sonia Ogando formulou varias preguntas relacionadas co avance do PXOM. A concelleira Sonia Ogando solicitou esta información na xunta de área de Urbanismo e tamén requeriu -se están redactados e emitidos- os informes respecto a este asunto.
Así, en primeiro lugar solicitou información referente a se o Concello recibiu xa o documento final do equipo redactor coas modificacións propostas polo alcalde en data 23 de xuño de 2021. Tamén preguntou se existen informes respecto diso, solicitando copia dos mesmos no caso de que estean redactados e emitidos. “No caso de que xa se recibiron as modificacións ás que fixen referencia na miña pregunta, é necesario e imprescindible que se convoque de forma urxente á comisión de seguimento do PXOM, coa fin de dar máxima transparencia a todos os trámites que van avanzando dentro do proxecto máis importante do Concello nos próximos anos”, explicou Sonia Ogando. Por iso, reiterou en nome do PP de Ourense “a petición expresa de máxima transparencia nun asunto que nos compete a todos, dada a transcendencia que ten para o desenvolvemento da cidade”, concluiu Sonia Ogando trala xunta de área de Urbanismo.