Indican que esta problemática remóntase ao ano pasado cando desmontaron unha anterior grúa na que aniñaba esta parella de cegoñas na pasada tempada de cría. Dado o desmantelamento desta grúa a parella de cegoñas de Ourense viuse obrigada a trasladar a localización do seu niño, que situaron no contrapeso da grúa que empresa COPASA ten ubicada nas obras do museo arqueolóxico provincial.
As organizacións ecoloxistas sinalan que a evolución dun niño en plena época de cría é motivo suficiente para deter a utilización da grúa se esta causa molestias ou riscos, máis aínda a partir do momento da posta dos ovos. A Directiva de Aves Europea e a lexislación estatal prohíben expresamente causar molestias ás aves migratorias. Do mesmo xeito o Código Penal é moi craro neste aspecto: “é delito realizar actividades que impidan ou dificulten a reproducción dunha especie protexida”, como o é a cegoña branca (Ciconia ciconia).
As dúas organizacións ecoloxistas sinalan esta situación se tivera evitado se o Concello de Ourense puxera en práctica as medidas que se lle veñen indicando desde hai tempo por parte do movimento ecoloxista. Compre aplicar medidas como a colocación de torres de aniñamento artificiais a onde trasladar o niño das cegoñas fora da época de reproducción. Para a aplicación desta medida se lle presentou ao Concello de Ourense incluso presuposto e planos facilitados pola asociación Ipcena, asociación catalana con cumprida experiencia neste tipo de problemáticas.
Ecoloxistas en Acción e Amigos das Cegoñas instan ademais á Consellería de Medio Ambiente e ao resto de administracións implicadas, a que fagan cumprir as directrices de protección e se inicien de inmediato as labouras precisas para reubicar o niño, unha vez finalizada a cría da especie, nunha localización segura para que estos feitos non tornen a producirse.