Do total de participantes destaca a presenza da campioa de España Sub20 do ano pasado en Antequera, a internacional Xiana Lago do Ría Ferrol quen buscará revalidar o seu título nun concurso no que parte ca segunda mellor marca das participantes
Pola súa banda, a subcampioa de España de Pentathlon Lucía Sánchez del Valle da Escola Atlética Lucense tamén estará sobre o sintético andaluz aspirando ao título nacional recén chegada da universidade norteamericana na que se atopa cursando estudos. No mesmo concurso, a subcampioa de España e atleta internacional do Celta Carlota Salgado, pelexará por estar nos postos de finalista ao igual que a pontevedresa da Gimnástica Isabel Caiero a cal tomará parte na proba dos 3.000 m. na que tan só poideron clasificarse para este campionato cinco corredoras.
Outra das que acude a pelexar o título, é a internacional Diaou Diallo do Ría Ferrol, quen se achega compartindo a mellor marca dun concurso moi igualado. Sen abandoar os saltos a lucense Enma Sihuang Pérez acredita o terceiro mellor rexistro sobre o listón de altura logo de ter sido medallista Sub18 de bronce na pasada edición.
Atención tamén a plusmarquita galega absoluta sobre os 100 m. Ainhoa Reparaz do Val Miñor que estará tomando parte sobre o dobre hectómetro no ano pasado lograba o bronce Sub18. Por último seguiremos moi atentos as evolucións de Marío Rodríguez do Celta nos 3.000 m.; Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenza en peso e de Xoel Noguerol do Mazí en combinadas aspirantes todos eles aos postos importantes do campionato.
Campionato de España master
Ata en oitenta e dous probas tomarán parte esta fin de semana os atletas galegos e galegas desprazos ata o concello malagueño de Antequera no que participarán no Campinato de España máster de pista cuberta que se estará disputando durante os días 3 ao cinco de marzo.
Entre a relación de inscritos destaca a presenza de varios dos campións e campioas de España da pasada edición desenvolta en Valencia e na que se acabarían colleitando un total de trinta e cinco medallas.
Entre os mesmo se atopan o campión mundial Juan Manuel Morales do Marineda tomando parte na proba dos 3.000 marcha. Xunto ao marchador estará Miguel Gómez do Celta tomando parte nos 60 e nos 200 m. M345 e Juan Luis Paz do Atletismo Narón na M50 nos 60 valos, altura e pentathlon.
Especial atención aos plusmarquistas mundias de relevos 4x800 m. Domingo Álvarez e Pablo Fervenza do Samertolameu e Nemesio Gutiérrez do Friol, quenes competirán sobre as modalidade de medio fondo e fondo
Na categoría femenina será a multiplusmarquista mundial Esther Pedrosa quen lidere ás nosas representates tomando parte nas probas dos 800 m. 1500 m. e 3000 m. na categoría F60.