As medallas viñeron por partida dobre da xaula do martelo na que tanto Irene Gómez como Eric Méndez lograban o subcampinato nacional da modalidade con 57.54 m. e 62.29 m.
No caso da lanzadora internacional viguesa, novamente volvía un ano máis a un podio nacional como en prácticamente todas as categorías polas que ven pasando, recuperando sensacións e gañas. Pola súa banda Eric Méndez, sendo de primeiro ano, lograba mellorar o metal de bronce Sub20 gañado en Torrent o no pasado.
Outra das nosas medallistas, que tamén repetía posto, era a internacional Olaia Gisela Becerril quen tivo que agardar ata o seu último salto para chegar a eses 6.24 m. que lle permitiron saborear un fantástico bronce nacional.
Vintecatro finalistas
No resto de actuacións compre salientar o posto de finalista logrado no sector de velocidade por Cristina Garrido da Gimnástica, que remataba a final dos 100 m. na sétima posición con 12.06.
Excelente tamén o comportamento das nosas e nosos fondistas e medio fondistas. Para comezar sobre os 800 m. María Fernández e María Carballido, lograban unha moi boa quinta e sexta posición na final da distancia con 2:08.86 e 2:11.51 respectivamente. Non menos destacadas foron os postos de María Cedrón e Inés Docampo do ADAS CUPA, cuarta e quinta clasificada nos 1.500 m. con 4:26.02 e 4:28.03
No resto de actuacións salientar o campionato efectuado polo atleta do Celta Hugo García quen tomando parte nas probas dos 5.000 . e 3.000 obstáculos lograba un destacado posto no top nacional en ambas. Xa sobre os 5.000 m. a internacional ourensá Antía Castro rozaba o podio ao rematar na cuarta posición con 16.46.38 distinguíndose nesta mesma carreira Sara López do ADAS CUPA con 16.50.12. Lucía Varela do Lucus Caixa Rural Galega era outra das destacadas nas distancias de fondo, en concreto lograba a sétima posición nos 3.000 obstáculos con 10.59.86
Nos valos, o campión de España Sub20 do ano pasado Hugo Vázquez do Marineda, facía o seu debut nesta categoría logrando posto de finalista nos 110 v. con 14.53. Lía Caride da Gimnástica pola súa banda ,tamén achegábase a postos de finalista sobre os 400 valos con 1:03.82
A lonxitude foi outra das probas interesantes para os intereses galegos ca participación dos célticos Raúl Cortizo e Sergio Coello quenes ocupaban respectivamente os postos quinto e sexto con 7.40 e 7.24 m. Na categoría feminina Andrea Villaverde da Gimnástica, saltaba no seu primeiro intento ata os 5.77 m. cos cales lograba entrar entre as finalistas.
O tamén lanzador do Celta Miguel Angel Granado, compitindo como extranxeiro, tan só tivo oportunidade de lanzar tres veces, suficientes para chegar ata os 14.91 m. en peso (4º) e 44.82 m. en disco (5º). Sobre esta última modalidade Marcos Bouza do Celta con 44.61 m. convertíase noutro dos finalistas ao rematar sexto.
Sen abandoar os lanzamentos, María Pena do Celta e Uxía Sureda do Lucus Caixa Rural eran outras das atletas destacadas logo de rematar nos postos cuarto e quinto respectivamente no concurso de xavelina con 40.45 m. e 39.49 m. Na categoría masculina o campión de España Sub20 do ano pasado, Pedro Fikadu Santos do Celta, quedaba no oitavo posto con 57.01 m.
Nas combinadas boas actuacións tanto de Andrea Reija do Xuncas Diversia como do medallista Sub20 do ano pasado Aitor Fernández, rematando na sexta e sétimo posición da xeral con 4.812 e 6.244 puntos
Por último Evelyn Fernández do Atletismo Narón en peso con 10.95 m. e Iria Filgueira da Gimnástica en matelo con 47.84 m. pechaban a relación de atletas finalistas nestes campionatos de España.