Ourense Provincia

O subdelegado do Goberno destaca o gran funcionamento do cárcere de Pereiro

Eladio Santos comprobou o resultado das melloras realizadas no centro penitenciario durante os últimos anos.

Óscar Gómez

Ourense |

O subdelegado do Goberno destaca o gran funcionamento do cárcere de Pereiro
O subdelegado do Goberno destaca o gran funcionamento do cárcere de Pereiro | onda cero

Trala súa toma de posesión como máximo responsable do Goberno de España na provincia, Santos está a levar a cabo unha rolda de contactos cos distintos organismos dependentes da Administración Xeral do Estado co obxectivo de coñecer de primeira man o seu traballo diario e as súas necesidades.

Nesta ocasión, o subdelegado do Goberno estivo acompañado durante o percorrido polo director del centro penitenciario, Francisco González Pérez, e funcionarios do mesmo, que lle amosaron as instalacións do cárcere de Pereiro, no que actualmente se atopan 260 internos, dos cales 22 son mulleres.

Santos escoitou as opinións e demandas dos traballadores; coñeceu os distintos programas de tratamento, cursos de formación, actividades e plans de reinserción que ofrecen á poboación reclusa; e comprobou as melloras realizadas no centro nos últimos anos, nas que o Goberno central investiu 3 millóns de euros. O subdelegado destacou o “gran funcionamento” do cárcere de Pereiro en todas as súas facetas e fixo fincapé no importante labor rehabilitador do cumprimento das penas, “que na inmensa maioría dos casos funciona”, lembrou.