Os mércores recibimos as recomendación literarias da semana da man de La Librería.
Dónde está "La Librería"
- En Ourense, rúa Florentino Cuevillas, esquina Saenz Díez
- En Verín, avenida Portugal 4
As suxerencias literarias de La Librería CyC
As suxerencias literarias de La Librería CyC do 27 de decembro de 2023
- Un atardecer de otoño contigo de Andrea Herrera: a protagonista (escritora) ten unha crise que lle impide escribir. Nunha viaxe coñece ó dono dunha pequena librería e ahí xurde o amor.
- El viento conoce mi nombre de Isabel Allende: ambientada na Viena de principios do século XX, é unha historia paralela nos anos 30 de un neno que se perde na noite dos cristais rotos e dunha nena que é separada da sua nai.
- Ninguén contará a verdade de Pedro Feijoo: obra sobre a corrupción política e as súas consecuencias. É unha ficción (podería ser unha reportaxe xornalística) con todos os datos de cómo funciona a corrupción. A historia comenza co asesinato de un político e aparecen personaxe de todo tipo.
- El abismo del olvido de Paco Roca e Rodrigo Terrasa: e a historia dun enterrador nun cementerio de Valencia e conta cómo a súa labor axudou a identificar a moitos dos enterrados en fosas comúns para que 80 anos despois volveran a retornar á súa familia.
As suxerencias literarias de La Librería CyC do 20 de decembro de 2023
- Disfuncional de Galder Varas: Lémbranos de cómo metemos en caixas as nosas lembranzas pero que a pesar de todo temos que enfrentarnos a elas.
- Los chicos de Belosi de John Grisham: a acción transcurre en Belosi. E a historia de dous nenos que según van crecendo siguen os pasos dos seus pais. Nun caso no ilegal e no outro xusto ó contrario, 30 anos despois atópanse nos tribunais.
- Querido capullo de Despentes: Trata unha historia que comenza nas RRSS coa excusa do anonimato na que un usuario fai unha comentario fora de sitio a unha actriz en declive. Esta contéstalle e danse conta de que xa se coñecían de nenos e que tiñan en común máis do que agardaban.
- Pérdidas de risa de Silvia Abril: Fala das pequenas cousas da vida cos seus problemas diarios e as súas aventuras. E de cómo a xente famosa é igual de humana que nós.
As suxerencias literarias de La Librería CyC do 13 de decembro de 2023
- Blancura de Jon Fosse: autor famoso por obras de teatro e poesía que nos presenta unha novela moi breve. E un home que se perde polo medio do monte e que se atopa cos seus propios fantasmas que dubida se está a ver ou non.
- O Bichero de Dávila: humor moi galego con moita retranca e actualidade.
- Detrás del ruído de Angel Martín: continuación de Por si las voces vuelas. Angel Martín puxo enriba da mesa os problemas mentais. Neste segundo libro conta o que ven despois de recuperarse.
- Cocina de 10 de Karlos Arguiñano: libro dividido en varias seccións. Carnes, pescados e postres moi cortiñas e fáciles de levar á práctica para o público en xeral
As suxerencias literarias de La Librería CyC do 7 de decembro de 2023
- Acontece que no es poco: lección de historia no que non falta o humor. Trata a historia de forma divertida, amena e cercana pero con información.
- Los Idus de Enero: Obra de Javier Negrete que nos conta nunha novela histórica que se centra en 24 horas nun ritmo trepidante no que trata o cambio de historia de Roma.
- Alas de Sangre: forma parte de unha saga (probablemente unha triloxía). Trata sobre dragóns e mundo máxico medieval.
- Manual de Resistencia: libro de Pedro Sánchez escrito por Irene Lozano na que narra o seu percorrido ata chegar a Moncloa.
As suxerencias literarias de La Librería CyC do 29 de novembro de 2023
- La Última Colonia: é un ensaio duro no que o autor (abogado de profesión) defendeu o caso da protagonista que foi obrigada de sair da súa illa natal por unha decisión estratéxica.
- La Sangre del Padre: Finalista do premio planeta de 2023, Alfonso Goizueta tratou o tema máis humano de Alejandro Magno enfocandoa como unha persona de carne e oso.
- Los Compas y el Fin del Multiverso: é unha serie que vai no seu número 10 e con máis de 30 millóns de libros vendidos en España e iberoamérica.
- Sete Caveiras: obra de Elena Gallega que conta a historia de unha xornalista que se atopa con unha serie de asesinatos na costa de Vigo con un nexo de unión, un clip de Play Móbil.
As suxerencias literarias de La Librería CyC do 22 de novembro de 2023
- O lirio Branco: é o cómic máis vendido da historia e forma parte da serie Astérix.
- Los santos salvajes: novela de Natalia Monje que transcurre polo interior de Galicia, a maioría no sur de Ourense. E unha investigadora perseguindo un entroido atópase con unha serie de sucesos como unha morte accidental que
- Imperfectas navidades: ambientada en Nueva York é unha comedia romántica no que os donos do hotel deciden facer un xogo para mellorar as relacións dos propios traballadores do hotel e no hai que unha especie de un calendario de adviente que inclúe unha proba diaria.
- La revolución francesa contada para escépticos: ensaio de Juan Eslava Galán no que fai un esforzo por alonxarse dos tópicos cómo por exemplo as orixes da "dereita" e a "esquerda" en política.
As suxerencias literarias de La Librería CyC do 15 de novembro de 2023
- Rocambolesca: poesía moi íntima de Bebi Fernández, casi autobiográfica escrita en varios anos coa intención de facernos reflexionar sobre a violencia, feminismo e desigualdade.
- Moztruos: forma parte de unha saga de 3 novelas de Pedro Mañas para nenos de 6 ou 7 anos. Hai unha pantasma que non sabe asustar e que coñecen a outra serie de "moztruos" que reciben visitas de humanos e que teñen que demostrarlle ós profesores que non son tan horribles.
- Las hijas de la criada: obra de Sonsoles Ónega (recente premio planeta) con referencias a Galicia, concretamente na zona da costa en frente ás Cíes aínda que a acción desenvólvese en América.
- Maldita Roma: obra de Santiago Posteguillo que é a segunda parte de "Roma soy yo" e na que se fala da chegada de Julio César ó poder e os problema que lle van xurdindo.
As suxerencias literarias de La Librería CyC 9 de novembro de 2023
- Por si las voces vuelven: Ángel Martín cóntanos nun libro autobiográfico os problemas que viviu de "loucura persistente" e cómo, máis que arranxar, convivir con esta enfermidade.
- Verdad o reto: Camila Lackberg cóntanos a historia de 4 amigos que nunha festa fan un xogo "verdad ou reto" no que saen secretos de cada un que se convirten nunha noite fatal.
- Cando os lobos escoitaban a radio: obra de Pemón Bouzas. Situado na década de 1950 e na que o autor nos fala dunhos bandoleiros que vivían entre O Bierzo, Lugo e Ourense e cómo sobrevivían nunha España fracturada.
- Le dedico mi silencio: Medio novela e medio ensaio na que Mario Vargas Llosa nos fala da vida de un guitarrista perúano e cómo vívía a través da arte e a música pretendía unir a un pais.
As suxerencias literarias de La Librería CyC 2 de novembro de 2023
- De amor y de Guerra: Pilar Eyre contanos unha historia ambientada no final da Guerra Civil española. E a historia de unha parella onde o home loita no bando republicano e ten que exiliarse. Co paso do tempo volve pero ambos refán a súa vida e comenza a trama desta obra.
- Las Luces de Febrero: Un auténtico superventas de Joana Marcús. E un libro teóricamente xuvenil pero que é válido para todas as idades que forma parte dunha saga (é o cuarta parte) de historias románticas nos que aparecen novos personaxes con respecto as tres primeiras.
- Menos es Más: Libro que parte da evidencia de que o mundo capitalista non poder medrar de forma infinita nun mundo finito. E un libro positivo porque non sólo fala de perdas senón de ganancias en múltiples aspectos tales cómo sociais, culturais, tempo libre, relacións ...
- Materia: Yolanda Castaño (traductora e poetisa) traenos unha obra auto biográfica de poesía intimista.
As suxerencias literarias de La Librería CyC 25 outubro de 2023
- Mirafiori: novela do pontevedrés Manuel Jabois que comenza co protagonista apoiado nun "super mirafiori" e que conta a historia de dúas personas que se reencontran na cuarentena despois de ser parella na xuventude.
- Una nueva vida: obra postuma de Lucía Berlín. Son relatos breves nos que rápidamente se empatiza cos personaxes.
- La hermandad de las malas hijas: obra da xornalista Vanessa Montfort que conta a historia dunha rapaza que adiestra os cans da policía pero o que realmente lle gusta é levar unha investigación. E unha historia da relación entre nais e fillas que agochan un segredo.
- La vida, instrucciones de uso: Georges Perec traenos unha novela clásica que estaba descatalogada e que Anagrama volveu a reeditar. E un libro que recomendamos leer o mapa que está o final do libro.
As suxerencias literarias de La Librería 18 de outubro de 2023
- Nadie contará la verdad: novela negra de Pedro Feijoó que nos leva a unha historia trepidante con personaxes moi ben construidos.
- Historias de mujeres Samurais: Sebastien Pérez e Benjamin Lacombe lévannos o Xapón para unha obra orientada as mulleres samurais con múltiples ilustracións.
- Pormishuevismo: Erik Harley no seu terceiro libro fálanos da mixtura entre ladrillo, pelotazos urbanísticos, política e corrupción a través de unha docena de exemplos.
- El club de lectura del refugio antiaéreo: Primeira novela en España da inglesa Annie Lyons. Conta a historia de ficción de unha muller viuva que ten unha libraría en Londres en plena guerra onde acolle a unha adolescente xudía de Alemania e que crean un club de lectura nos refuxios nas noites co ruido das bombas de fondo.
As suxerencias literarias de La Librería 11 de outubro de 2023
- La Asistenta: Freida McFadden narra en primeira persoa un thriller que introduce as súas personaxe nun ambiente tranquilo pero que pouco a pouco se volve moi trepidante.
- Guerrero: libro con ilustracións escrito por Carlos Sisí que forma parte dunha triloxía. Está ambientado no mundo medieval e máxico.
- Novela de ajedrez: Stefan Zweig traenos unha novela curta que en moi poucas páxinas nos mete na dinámica dos seus personaxes que viaxan nun trasatlántico rumbo a Arxentina.
- El último de telesilla: John Irving nos conta unha historia centrada nos personaxes, neste caso nunha adolescente que queda embarazada nunha competición de esquí. O neno que nacería volve despois a esa estación e descubre historias fascinantes.
As suxerencias literarias de La Librería 4 de outubro de 2023
- Síbaris: obra de teatro de Domingo Villar ou o que é o mesmo, unha novela sen narrador.
- El legado de la niña de la sal: historia verídica que narra Elena Gallego que ten á súa nai como protagonista e a vida que lle tocou pasar.
- Bocabesada: Juan del Val cóntanos o ambiente do audiovisual con moitas personaxes coas súas particularidades.
- Imperio: Selene Pascual e Iria Parente coñecéronse nun blog de literatura e presentan unha novela para un público más maduro no que a trama é nun edificio con unha especie de "gran hermano" que se converte nunha excusa para tratar o mundo das redes sociais.
As suxerencias literarias de La Librería 27 de setembro de 2023
- La sinfonía de Julia: obra de Mercedes Guerrero que nos leva o mundo da Unión Soviética onde hai unha rapaza que ten unha extraña habilidade que é introducir mensaxes a través de códigos dentro das súas interpretacións musicais co piano.
- La armadura de la luz: obra de Ken Follet da saga de Los Pilares de la Tierra. É a quinta entrega da saga que comparte personaxes coas anteriores ahora na idade contemporánea.
- Babilonia 1580: Susana Martín Gijón transportanos a unha novela negra ambientada na Sevilla de finales do século XVI. É a historia de unha prostituta e unha monxa que compartiron infancia e coinciden de maiores por unha serie de asesinatos que as conectan de novo.
- Alex Colt Cohete espacial: obra de Juan Gómez Jurado que é unha serie de 6 libros para nenos que comenzan a leer as primeiras novelas a partir de 7 ou 8 anos. Ambientada nun mundo espacial e futurista con aventuras que farán as delicias dos pequenos.
As novidades literarias de La Librería 20 de setembro de 2023
- Holly: novela de Stephen King na que a protagonista (Holly) investiga a desaparición de unha rapaza e unhos profesores que agachan algún segredo que desvelar.
- Bluey: son unhos debuxos que comenzaron como unha serie de televisión que encandila ós máis pequenos. Bluey é unha cadeliña que vive diversas aventuras.
- Cuatro lecciones sobre la Rusia contemporánea: son catro ensaios independentes de Carlos Taibo relacionados co triángulo Rusia, occidente e Ucrania que comenza no século XX ata a época da invasión.
- Con estas manos: Marco Valerio Lama, autor ourensán que nos presenta unha novela con dúas partes (ésta é a primeira). Imprescindible para os amantes da novela histórica. Iníciase na época contemporánea pero fai un flashback que nos leva á segunda guerra mundial.
As novidades literarias de La Librería 13 de setembro de 2023
- El secreto de la Indiana: ambientado na illa da Palma nunha planta de tabaco. Son dous irmáns que están a piques de arruinarse ata que chega unha muller indiana e a historia muda.
- La sombra de la rosa: autora galega que nos trae un libro ambientado na Galicia do século XIX. E unha profesora de literatura que chega a Galicia seguindo unha investigación que o final se acaba mixturando coa sua propia historia personal.
- Los inocentes: libro de misterio e novela negra que está dentro da serie "El puerto escondido" pero que se pode ler de forma independente.
- La superclase del profesor Flípez: libro orientado para nenos que están casi rematando primaria coas aventuras de unha clase e un profesor que quere ensinar algo máis dos coñecementos básicos e dar unha lección de vida.
As novidades literarias de La Librería 6 de setembro de 2023
- Las garras del águila: novela da saga de Millenium que fixo famosa en toda Europa as novelas negras nórdicas. E a séptima entrega, unha novela negra moi adictiva que se ubica no frío do norte de Suecia.
- Malaherba: Libro redactado desde o punto de vista de un neno de 10 anos que nos leva a lembrar como víamos os nenos ós adultos. Está ambientando en finais do século XX, época no que o autor (Manuel Jabois) era un neno.
- El problema final: obra de Arturo Pérez Reverte que nos leva a unha novela clásica estilo Agatha Christie.
- Un Libro: libro para a partir de 2 ou 3 anos. E un libro interactivo porque o lector interactúa co libro de unha forma orixinal.
As novidades literarias de La Librería 30 de agosto de 2023
- El valle de los lobos: Reedición ilustrada da clásica saga de literatura fantástica de Laura Gallego.
- Tasmania: Novela ensaística, narra a historia dun periodista que se atopa nun momento emocionalmente complicado e investiga os efectos da radiación e da bomba atómica, descubrindo que Tasmania é o sitio máis seguro nunha guerra nuclear.
- La mala costumbre: Revisión do Madrid dos anos 80 dende o punto de vista e experiencia da autora.
- No me gusta mi cuello: Libro semiautobiográfico da autor e cineasta Nora Ephron onde comparte todo tipo de consellos e anécdotas sobre a experiencia de ser muller.
As novidades literarias de La Librería 23 de agosto de 2023
- The natural: Unha adolescente ingresa nun grupo de élite con poderes especiais que intenta axudar a resolver crimes.
- King Corp, el imperio nunca contado de Juan Carlos I: Catro periodistas moi recoñecidos no mundo da investigación recollen información sobre o rei emérito no ámbito económico.
- Detectives Extra Escolares: Serie infantil de misterio. Un grupo de alumnos aventaxados da Profesora Equis, unha gran investigadora casi incapaz de resolver os misterios aos que se enfronta, axudan a súa mestra a resolver os casos que lle son asignados.
- El hombre en busca de sentido: Libro autobiográfico e ensaístico. Recolle as vivencias persoais do autor e dos seus compañeiros durante a súa estadía nun campo de concentración.
As novidades literarias de La Librería 16 de agosto de 2023
- Muerte con pingüino: Viktor é un novelista de relatos cortos que ten un pingüín como mascota. Por un encargo dun periódico comeza a escribir necrolóxicas de xente viva que se tornan reais.
- Maximum Berserk: Manga xaponés. Unha historia sobre un mercenario romano que se embarca en aventuras épicas pola vinganza e loita polo poder.
- Destroza este diario: Diario onde os máis pequenos poden explorar a súa creatividade.
- A vida secreta de Úrsula Bas: Novela de Arantza Portabales, intriga sobre unha xornalista de Compostela que un día desaparece.
As novidades literarias de La Librería 09 de agosto de 2023
- Fortuna: Novela de Hernán Díaz premiada co premio Pulitzer. Unha historia ambientada nos anos 20 sobre a fortuna que consigue facer un gran empresario estruturada en catro puntos de vista distintos e as veces contraditorios.
- El secreto de las hermanas Asorey: O primeiro libro de Marta Estévez. A morte do seu pai reúne as hermanas Asorey en Santiago de Compostela, descobrindo así unha serie de asasinatos que lles afectarán a todas.
- Los forasteros del tiempo, la aventura de los Balbuena en el lejano oeste: Primeira parte da serie de Roberto Santiago. Unha familia que viaxa no tempo acaba no antigo oeste con claras referencias aos westerns.
- Os fillos do Mar: Un arquitecto recibe un encargo dunha familia acaudalada, este traballo o leva por un recorrido no tempo da cidade de Vigo. A obra máis recoñecida de Pedro Feijoo.
As novidades literarias de La Librería 02 de agosto de 2023
- Rewind: Unha explosión nun piso de estudantes en Lyon afecta aos seus residentes e coñecemos as súas historias a través dos seus cinco protagonistas. Xa dispoñible a edición en galego desta novela de Juan Tallón.
- Invisible: Narra a través dos ollos dun neno con superpoderes a problemática do acoso escolar.
- Poster Girl: Nunha nova orden mundial distópica Sonya é encarcerada por representar o antigo réxime. Terá que enfrontarse co seus pasado familiar para acadar a súa liberdade.
- Gente que conocemos en vacaciones: Unha novela romántica na que Poppy e Alex non teñen nada en común agás que comparten as vacacións de verán.
As novidades literarias de La Librería 26 de xullo de 2023
- As crónicas do viaxante, o pasaxeiro 19: primeira novela da colección As crónicas do viaxante. Novela de misterio ao estilo Agatha Christie, un asasinato nun tren e un protagonista tal vez inocente que debe averiguar porque o incriminan.
- Tsunami máximo: Libro de aventuras ilustrado ambientando no mundo de Fornite. Un grupo de amigos debe resolver unha invasión cun tsunami de por medio.
- Y a ti que te pica: Terceira entrega da saga romántica en torno a unha famosa actriz de Hollywood.
- A tormenta perfecta: Novela documental que recolle información real sobre a tormenta ocorrida a finais dos 90 na costa este de Norteamérica. Tres historias reais sobre embarcacións que sufriron este desastre.
As novidades literarias de La Librería 19 de xullo de 2023
- Campamento escalofrío: primeiro número de unha serie con páxinas que brillan na oscuridade. E unha historia de nenos que teñen medo a oscuridade e van a un campamento encantado.
- O home que matou a Antía Morgade: é a terceira entrega dos investigadores Abad e Barroso que se enfrentan a un caso que lles implica personalmente porque están implicados algunhos amigos da infancia e mesmo algunha relación sentimental. Novela negra na línea máis clásica de investigación con pesonaxes grises que non son nin bos nin malos.
- Lucía: é un libro de novela negra de un asesino con personalidad múltiple. Son unha serie de asesinatos de hai 30 anos que se relacionan con outros actuais.
- Persépolis: unha das novelas gráficas máis vendidas. Trata historia social centrada na revolución iraní. E a historia de unha nena de en torno a 7 anos que vive nunha familia progresista e a súa situación familiar despois da revolución.
As novidades literarias de La Librería 12 de xullo de 2023
- Los secretos de Jaipur: é un libro que recupera a tradición de libros para viaxar sen moverse da casa, neste caso Jaipur no interior da India. A trama básase nun accidente no que o final non todo é o que parece.
- Tom Hanks, otra gran obra maestra del cine: novela que mezcla dous estilos, o comic e a novela. Lectura divertida e recomendable para o verán
- Stranger Kids, 24 horas sin padres: é o primeiro número de unha serie. Investigación, aventura con xiro argumentais sorprendentes.
- La cocina pop de El Comidista: libro de recetas de Mikel López Iturriaga pero non ó estilo clásico. Mistura gastronomía, cine e literatura.
As novidades literarias de La Librería 5 de xullo de 2023
- Made in Galiza: obra de Sechu Sende que se trata de un libro de relatos breves unidos pola temática da lingua galega (traducido a varias linguas) con múltiples personaxes que viven situacións nas que todos nos podemos recoñecer.
- Delito: novela de intriga policíaca que comenza con un suicidio colectivo nun hotel. E un libro moi rápido e trepidante escrito por Carme Chaparro
- Naruto: comic xaponés que se lee "de atrás para adiante", é a historia dun neno orfo que entroca coa mitoloxía xaponesa.
- Cómo matar a tu familia: primeiro libro de Bella Mackie. E unha rapaza que quere herdar a fortuna da súa familia política e o seu método é asasinar a súa familia política. Pretende visibilizar as inxustizas sociais na sociedade.
As novidades literarias de La Librería 28 de xuño de 2023
- Las aventuras de Tom Sawyer: Un clásico que non pasa de moda con máis de 150 anos pero con unha nova volta a través dun ilustrador moi novo, Antonio Lorente. É un album ilustrado de gran formato e tapas duras.
- Todos quieren a Daisy Jones: E a historia dunha estrela do Rock and Roll dos anos 70 que deixa o seu grupo de toda a vida e a historia que xurde a raíz desta circunstancia con cousas boas e outras non tan boas.
- Siempre es verano contigo: A escritora ourensá Andrea Herrera proponnos unha lectura fresca, xuvenil. E a historia de unha rapaza que a pesar das reticencias dos seus pais marcha co seu primo e o seu tio a traballar a un chiringuito de praia na costa mediterránea.
- Juego de Tronos: Reedición de Juego de Tronos con unha nova editorial, Plaza & Janés, que moi pronto traerá a España o sexto libro desta saga.
As novidades literarias do 21 de xuño de 2023
Convidamos a Israel Barandela de La Librería para que nos fixera as suxerencias literarias da semana:
- Nuestro Cuerpo: Ensaio no que o antropólogo Juan Luis Arsuaga fai unha analise das partes do noso corpo máis ocultas e cómo a evolución chega a elas.
- Blue Jeans. La última melodía de Chopin: Novela a cabalo entre xuvenil e novela negra editada por Planeta. Novela de detectives orientada ó público máis xoven.
- La Baronesa: Biografía de Carmen Cervera escrita por Nieves Herrero. Esta obra comenzou da man entre a Baronesa e a xornalista aínda que a relación entre ambas se torceu pero Nieves Herrero decidiu publicala de todos xeitos.
- Los futbolísimos. El misterio de la casa encantada: É o número 23 da saga de "Los futbolísimos" de Roberto Santiago, ideal para iniciar os nenos na lectura coa excusa do fútbol convertese nun libro de aventuras. É unha mezcla entre primeira novela e comic.
As suxerencias literarias de La Librería CyC
No seguinte enlace podes consultar todas as suxerencias literarias que semanalmente nos fan Alberto e Israel de La Librería