Entre os casos máis destacadas desde as últimas horas da tarde de onte, convén destacar a acción da neve nas estradas en Riós, pasadas as 4:30 horas, o persoal de mantemento das estradas informou ao 112 dun tramo da A-52 situado no quilómetro 150 que se atopaba cortado ao tráfico a vehículos pesados polas dificultades de circular pola neve. Tamén se rexistrou neve na AP-9, en Mesía, e na A-6, nas Nogais (Lugo), tal e como informaron particulares que circulaban por ambos puntos.
En Sarreaus o condutor dun autobús informou ao 112 de que non podía reanudar a súa marcha, atopábase no quilómetro 33 da OU-113. Neses mesmos instantes, os operarios de conservación das estradas xa traballaban nas tarefas de limpeza da vía. Pouco despois, ás 8:20 horas, recibíase o aviso dun particular que indicaba que tres vehículos eran incapaces de continuar a partires do quilómetro 6 da OU-1112, nos Blancos, tamén debido á neve.
Segue suspendido o transporte escolar no sur da provincia de Ourense e na montaña ourensana, polo que 584 alumnos non poideron acudir as aulas.
Carreteras
A A-52 a altura de A Mezquita e Monterrei permanece a estrada nevada, pero con circulación en nivel verde, metras que a N-525 a altura de Riós permance en nivel amarelo con circulación prohibida a camións e articulados. A OU-536 a altura de Maceda e Castro Caldelas a estrada está con neve, con circulación nivel verde, tras haber pasado o quitaneves a primeira hora desta mañá. Así mesmo a OU-531 en Rairiz de Veiga, a OU-540 en Celanova e a OU-121 no Barco de Valdeorras circulación en nivel verde, con neve na estrada.
Predición Meteorolóxica
Unha masa de aire ártico marítimo afectará durante o mércores. Deste xeito, o ceo estará parcialmente cuberto e chuvascos localmente fortes que poderían vir acompañados de sarabia e aparato eléctrico. A cota de neve estará situada arredor dos 400-600 metros, subindo durante o día. As temperaturas continuarán en descenso, máis acusado nos valores diurnos. O vento soprará forte do noroeste no litoral e zonas de montaña.