Temporal

O temporal de neve mantén a boa parte da provincia de Ourense en alerta laranxa

Na capital a confederación miño sil activou a prealerta no miño que desaugaba nas últimas horas 2356 metros cúbicos por segundo.

Óscar Gómez

Ourense | 18.01.2023 08:08

O temporal de neve mantén a boa parte da provincia de Ourense en alerta laranxa
O temporal de neve mantén a boa parte da provincia de Ourense en alerta laranxa | La Región

A cota de neve baixou ate os 400 metros e en moitas zonas provocou acumulacións de ate vinte centímetros. As principais incidencias están no rebordamento dos rios Miño na capital e Sil no Barco e na Rua e Carballeda de Valdeorras. Tamén en vixiancia o Arnoia en baños de molgas e Avia en Ribadavia .

Na capital as piscinas de oira, zonas recreativas e termais están totalmente anegadas e os accesos foron pechados por seguridade. No Barco foron cortados tamén os accesos na zona do malecón para evitar risgos ás persoas. En Carballeda de Valdeorras quedaron anegadas as piscinas municipais. O temporal deixou ademáis incidencias nas estradas coma un socavón rexistrado na nacional 120 en Biobra.

Temporal en ourense
Temporal en ourense | La Voz de galicia

Nas ultimas horas foron cortadas por inundacion o vial que une A reza con o aguillon en a rua e o acceso a Quintela en Pereiro de Aguiar.

A neve provocou complicacions en mais de media ducia de estradas entrelas a autovi das riaas baixsa en zonas coma A mezquita ou Guimarei. Uns corenta veciños de San Vicente de Leira e Robledo en Vilamartin de Valdeorras permañecían illados por estrada pola caida dunha ponte en espera de que a deputacion fixese un arranxo puntual con placas metálicas algo que urxía o alcalde Enrique Pérez que criticaba a deixadez da institución provincial coas infraestructuras da zona. En Ribadavia o rio Avia anegaba a area recreativa de A Veronza.

Uns 600 escolares de 20 municipios non acudiron a clase porque a Xunta suspendeu o transporte escolar nas zonas montañosas e sur da provincia.

Chavasquiera inundada polas ultimas choivas
Chavasquiera inundada polas ultimas choivas | onda cero

Previsión para hoxe mércores

O mércores Galicia continuará no domino dunha masa de aire moi fría. Polo tanto, o ceo estará parcialmente cuberto e chuvascos localmente fortes que poderían vir acompañados de sarabia. A cota de neve estará situada arredor dos 400-600 metros. As temperaturas continuarán en descenso, máis acusado nos valores diurnos. O vento soprará forte do noroeste no litoral e zonas de montaña.