Gimnasia Ritmica

XV Torneo primavera cidade de ourense de gimnasia ritmica

O sábado día 13 de maio terá lugar unha nova edición do Torneo Primavera Cidade de Ourense, e xa será o XV consecutivo. Organizado polo Club Ximnasia Pavillón Ourense e oficializado pola Federación Galega de Ximnasia.

Óscar Gómez

Ourense | 09.05.2023 08:54

XV Torneo primavera cidade de ourense de gimnasia ritmica
XV Torneo primavera cidade de ourense de gimnasia ritmica | onda cero

De novo non foi posible facer unha convocatoria completa con todos os niveis e categorías que hoxe en día ten a rítmica, dado que só podemos contar coa xornada de mañán.

Haberá competición nos niveis promoción, base/prebase e absoluto. Estarán presentes todas as categorías, aínda que non todas en todos os niveis. Na competición individual de nivel absoluto optouse por unha fórmula novedosa na que competirán en categoría mixta as e os ximnastas alevín, infantil e junior (masculino e feminino).

Antes do inicio da competición e durante a mesma haberá algúns exercicios de exhibición a cargo dos grupos de ximnastas máis noveles do Escola Pavillón e do conxunto senior de ximnasia estética.

Os clubes participantes son os seguintes:

ESQUÍO- Ferrol

CDXR COMPOSTELA

VIRAVOLTA- Santiago de Compostela

TREBOADA- Pontevedra

MARÍA BARBEITO- A Coruña

AUSARTA- Padrón- A Coruña

SARAIBA- Poio- Pontevedra

MANIOTAS- Vigo- Pontevedra

ACORDES- Oleiros- A Coruña

ESCOLA PAVILLÓN- Ourense

CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

Este Torneo será, para os conxuntos nacionais, unha excelente antesala para as citas que terán lugar nas vindeiras semanas