O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia os traballos de mellora do parque infantil das Mercedes, no parque das Mercedes. A inversión global suma un importe de 47.386,02€ euros, que permitirá a renovación completa da zona de xogos infantís.
Jorge Pumar explica que a inversión incluirá a incorporación dun novo multixogo e a renovación de todos os demais xogos de dito parque. Tamén destaca a completa renovación do chan da zona de xogos que, ademais, será ampliada para o desfrute dos nenos da cidade.
O concelleiro de de Medio Ambiente lembra que está inversión forma parte do plan de mellora e dinamización dos parques infantís da cidade co obxectivo de que sexan completamente transformados e renovados para a mellora da calidade de vida dos ourensáns e en especial dos más cativos da cidade. Pumar recorda que esta inversión é unha grande demanda dos veciños da cidade.
O plan de parques infantís da cidade, no seu conxunto, conta con actuacións integrais en todos os barrios da cidade. As intervencións abarcan desde pequenos parques ata a transformación completa das grandes zonas de xogos dos parques singulares de Ourense, como é o caso do parque Barbaña, parque San Lázaro, ou o emblemático parque do Xardín do Posío. No seu conxunto, o proxecto mobiliza un investimento de máis de 8 millóns de euros, coa previsión de actuación en máis de 70 parques da cidade, o que permitirá a instalación de máis de 500 novos xogos infantís no conxunto da cidade.