Na xornada de mañán tivo lugar o control clasificatorio para a Copa Base Individual. Sofía Acevedo Romasanta, Club Ximnasia Pavillón Ourense, participaba na categoría alevín. Realizou un dos mellores pases da tempada, mostrando unha gran melloría dende o inicio. Ocupou o 7º posto na clasificación.
Pola tarde foi o turno dos conxuntos absolutos ós que, entre Euskalgym e Copa de España, lles tocaba esta cita autonómica. Os conxuntos alevín e junior tiveron varios erros nas dúas rotacions, o que levou a ambos a ocupar o segundo escalón do pódium. O conxunto infantil mellorou moito a súa execución en relación ó Euskaglym da pasada fin de semana e obtivo tamén a prata, sendo así subcampión galego infantil. Para os tres conxuntos foi esta unha semana de axustes cara a importante cita do vindeiro domingo en Jerez de la Frontera onde se medirán cos mellores conxuntos nacionais.
Durante esta semana que comeza serán seis os conxuntos pavillonistas que competirán en Jerez de la Frontera (dous cadetes e un infantil no nacional base e os tres absolutos na Copa de España).