O Concello de Ourense amplía a súa oferta cultural para o mes de novembro, coincidindo cos festividades do San Martiño, e engade dous espectáculos de programación propia no Auditorio Municipal os venres 12 e sábado 13 de novembro: Michael Legend, un tributo a Michael Jackson, e San Martiño con humor, un espectáculo músico e humorístico capitaneado polo actor Manuel Manquiña.
O programa queda como segue:
Sábado 6 de novembro, 17.00 horas - Coco Recuérdame
Espectáculo musical ao redor das cancións da película de Disney. Todos os públicos . Prezo da entrada: 16 euros
Mércores, 10 de novembro, 20.30 horas – Dancing Queen ABBA Show. Tributo a Abba (programación propia)
No show cóidase a estética con numerosos cambios de vestiario, réplicas dos orixinais. Todos os públicos. Prezo da entrada: 10 euros
Venres, 12 de novembro, 20.30 + 22.00 horas – Michael Legend, tributo a Michael Jackson
O mellor musical dedicado ao Rei do Pop, co considerado mellor dobre do mundo xunto a unha formación musical, bailaríns, coristas e artistas convidados. Todos os públicos. Prezo da entrada, 10 euros [ataquilla]
Sábado 13 de novembro, 20.30 horas – San Martiño con Humor
Espectáculo musical e humorístico que reúne os cómicos Lucía Veiga, Víctor Fábregas e Oswaldo Digón coa música de 'Los fabulosos Weekend' capitaneados por Manuel Manquiña. Prezo da entrada: 8 euros [ataquilla]
Venres 19 de novembro, 20.30 horas - A Lingua das Bolboretas, de Sarabela Teatro (programación propia)
Obra vencedora dos XXV Premios de Teatro María Casares: mellor espectáculo, mellor adaptación / tradución, mellor actor secundario e mellor director (Gonçalo Guerreiro). Prezo da entrada: 8 euros