O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica a condena imposta pola Audiencia Provincial de Ourense ao profesor de música, Martiño Ramos por "abusar sexualmente de xeito continuado" dunha alumna dende que ela tiña 12 anos coa que segundo sinala a sentenza “estableceu conversa a través da rede social Instagram usando un alias para que lle enviase fotos e vídeos íntimos”.
O alto tribunal galego rexeitou o recurso do acusado dando credibilidade a testemuña da vítima, destacando a “sólida e categórica persistencia na incriminación” do recurrente e atendendo a outras tesmuñas de alumnas mailos informes forenses.
Ademais os maxistrados sinalan que o acusado “era perfecto coñecedor da fraxilidade da vítima” e mesmo aproveitou as circunstancias para presentarse coma "figura de referencia e apoio". Tamén incide o tribunal en que o home tiña 45 anos no momento dos feitos e “ostentaba unha posición de superioridade debido a diferencia de idade, da súa condición de docente e do ascendente que exercía sobre a menor”.
Este caso provocou unha amplo impacto social na cidade de Ourense onde o acusado era coñecido pola sua actividade política, cultural e docente no CEIP de Prácticas. Precisamente foi inhabilitado e afastado das aulas cautelarmente pola Consellería de Educación.
O condeado poderá aínda recurrir o fallo en casación ante Tribunal Supremo.