VIOLENCIA DE XÉNERO

O TSXG denega residencia temporal a un extranxeiro con antecedentes por violencia de xénero

O alto tribunal galego considera que o home, que acumula numerosos antecedentes, "é unha grave ameaza para a seguridade e a orde pública".

Jesús Álvarez

Ourense |

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | EP

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denegou residencia temporal a un cidadán extranxeiro con antecedentes por violencia de xénero, malos tratos familiares, lesións e coaccións por considerar que representa unha "grave amenaza para a seguridade a e a orde pública".

O alto tribunal galego confirma unha sentencia do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Ourense que rexeitou un recurso do afectado contra unha resolución adoptada pola subdelegación do gobernó de Ourense en Xuño de 2023.

Os maxistrados explican ademáis que, ao marxe de que no fallo non se tivo en conta un antecedente por furto, si se tiveron en consideración dous que figuran no rexistro de penados, un deles pola inutilización ou omisión de dispositivos técnicos para o cumprimento de penas ou medidas, cometido en novembro de 2021 que está pendente de cumprimento e os relativos á violencia doméstica e de xénero con lesións , malos tratos e coaccións cuxa condena se encontra suspendida pero non é cancelable.

Para a sala trátase de "delitos de gravidade que producen gran alarma social" máxime ao seren duas mulleres distintas as vítimas o que "pon de manifesto a resistencia a acatar as normas mínimas de convivencia social xerando unha gran tensión familia ao seren tamen unha das perxudicadas a ex muller do recurrente".

Ademais o home ten outra condea por furto de 2022 que reforza a tese de falta de acatamento das normas.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sinala -en base á xurisprudencia da Unión Europea- que a autorización de residencia temporal ten unha normativa diferente á de longa duración polo que non acepta os argumentos do recurrente. Tamén da a razón aos argumentos da subdelegación do goberno para non concenderlle a residencia temporal e recalca que o apelante "trata de restar importancia as condeas que lle foron impostas por unha conducta moi grave para a convivencia e na que existe a prohibición de achegarse ás vitimas ou comunicarse con elas algo que quedou amosado que o acusado crebou".

A sentencia non é firme e cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.