Concello de Ourense

A variante norte chega 20 anos tarde, afirma Jácome

Aínda está por ver que vai ocorrer e, sobre todo, cando, co resto da variante que lle dea servizo aos cidadáns de Ourense, subliña o rexedor.

--

Óscar Gómez

Ourense | 26.10.2021 07:57

A variante norte chega 20 anos tarde, afirma Jácome
A variante norte chega 20 anos tarde, afirma Jácome | Faro de Vigo

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, referiuse á licitación do proxecto de construción da Variante Norte de Ourense -un tramo de 1.800 metros que enlaza Eirasvedras coa N-120-, publicada no BOE por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, coma un anuncio que chega máis de 20 anos tarde.

O goberno central licita as obras da variante norte por mais de 28 millóns de Euros
O goberno central licita as obras da variante norte por mais de 28 millóns de Euros | onda cero

Na liña das últimas desconsideracións con Ourense das institucións, tanto estatal como autonómica, denunciadas nas últimas semanas polo rexedor, a licitación dun tramo da variante non fai máis que confirmar que Ourense ten que agardar sempre polas migallas da obra pública.

“Este tramo da variante - norte leva planificándose desde 1996”, explica Pérez Jácome, “e en 2015 apróbase o documento técnico que serve de base de licitación que hoxe sae publicada no Boletín Oficial do Estado”. É dicir: “Tiveron 20 anos para preparalo, e 5 máis para corrixir a licitación. Todo isto cando estamos a falar de 2 quilómetros de tramo. Aínda está por ver que vai ocorrer e, sobre todo, cando, co resto da variante que lle dea servizo aos cidadáns de Ourense”, subliña o rexedor.