Ourense Cidade

O Verán Cultural despídese esta semana

O Verán Cultural despídese esta semana, ás 20:00 horas na terraza do Auditorio (rúa da Canle), con dúas propostas esencialmente escénicas, de balde e para todos os públicos

Óscar Gómez

Ourense |

Esta semana remata o verán cultural | La Region

O Verán Cultural despídese esta semana, ás 20:00 horas na terraza do Auditorio (rúa da Canle), con dúas propostas esencialmente escénicas, de balde e para todos os públicos: Baldin Bada, que une a música, a pintura e as acrobacias imposibles, e o Cabaré circense, a Grande Gala do Circo.

  • Xoves 10 de setembro, ás 20:00 horas na terraza do Auditorio.

BALDIN BADA, da compañía Shakti Olaizola

Coñeceremos de preto os disparates e loucuras dunha pintora e un músico. Para esta peculiar pintora a simple acción de pintar pode chegar a ser toda unha aventura. É moi torpe, pero a súa torpeza leva a mostrarnos grandes habilidades que ten: pintar cos pés, facer equilibrios imposibles, cantar en posturas moi raras. Todo isto acompañada das melodías e habilidades musicais do seu compañeiro acordeonista.

  • Venres 11 de setembro, ás 20:00 horas na terraza do Auditorio.

CABARÉ CIRCENSE: GRAN GALA DE CIRCO, de Pistacatro.

O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo, na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music- hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué. Ofréceselle así ao público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas.

Información:

  • De balde

  • Aforo limitado (máximo 150 persoas)

  • Con máscara de protección obrigatoria.

  • Acceso á Terraza do Auditorio Municipal, pola rúa da Canle.

  • Recoméndase acudir con antelación, xa que non se permitirá a entrada unha vez comezado o espectáculo.

Ademais, están abertos os seguintes espazos expositivos:

  • Museo Municipal de Ourense, rúa Lepanto

Os nosos fondos. A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quessada, Antonio Quessada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.

Cromática, VI Bienal de Pintura Xove. Organizada pola Fundación Cum Laude, emprázase no segundo andar do espazo museístico.

Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.

  • Sala Ángel Valente, rúa do Paseo, 20

Isidro Tascón. Réplica. Mesmos horarios que o Museo

  • Espazo Expositivo Arturo Baltar, praza de San Cosme e San Damián

Arturo Baltar. Belén de Ourense. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h

  • Claustro de San Francisco

O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.