Rally do Condado

Víctor Senra e David Vázquez logran un novo triunfo na rally sur do condado

Víctor Senra e David Vázquez, aos mandos do Citroën C3 WRC, lograron a victoria no Rallye Sur do Condado, quinta proba puntuable do Campionato Galego da modalidade na que a climatoloxía xogou un papel importante, especialmente ata o mediodía.

Óscar Gómez

Ourense | 10.07.2023 07:48

Víctor Senra e David Vázquez logran un novo triunfo na rally sur do condado
Víctor Senra e David Vázquez logran un novo triunfo na rally sur do condado | onda cero

Senra e Vázquez, que na cita pontevedresa sumaron o seu quinto triunfo en outras tantas citas puntuables, cederon o mellor crono no primeiro dos treitos cronometrados, pero despois xa dominaron con man de ferro para asentar aínda máis o seu liderato no certame autonómico.

O equipo do WRC aventaxou en 32.8 segundos aos que finalmente foron os segundos clasificados, Alberto Meira e Avelino Martínez, que comezaron liderando a proba, pero que pouco puideron facer contra a superioridade mecánica do seu rival. Inda así Meira e Martínez sumaron o seu quinto primeiro posto consecutivo no Supercampionato Recalvi R5 e na Top Ten Pirelli Driver Autia A.

O terceiro posto da proba foi para Jorge Pérez Oliveira e Miriam Vera, que despois de vender o Suzuki Swift N5 a Asturias debutaron cun Hyundai I20 R5 adquirido fai tan só uns días en Francia. Oliveira e Vera apenas puideron rodar antes da proba co vehículo coreano, pero foron evolucionando nos cronos e probando distintas solucións de cara a vindeiras carreiras, situándose a 1:37.992 do vencedor.

Completaron os cinco primeiros clasificados Javier Ramos e José Pintor e o equipo becado pola FGA composto por Alexis Vieitez e Cristian Álvarez. Na Top Ten Pirelli Driver Pirelli C, o primeiro clasificado foi Rubén López e Damián Outón. Completaron o podio Javier Estévez e Adrian Álvarez e Manuel Souto e Pablo Gregorio.

Diego Félix e Ian Quintana foron fixéronse co triunfo dentro da Clio Trophy Galicia, seguido de Joaquín e Borja Rasilla e Jorge Coca e Diego Vázquez. Marcos Sanromán e Unai Conde sumaron un novo primeiro posto na Pirelli AMF, nun Rallye Sur do Condado marcado pola dureza. O segundo posto foi para Félix Pazos e Gabriel Bermúdez e o terceiro para Marco Lorenzo e Diego Gil.

No Volante FGA, triunfo incontestable para Joaquín Pérez Rey e Adrián Muñiz, con Diego Riveiro e José Juan Lorenzo en segundo lugar (primeiro na PXP23) e Luis Miguel e Óscar González, terceiros.