O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu o equipo organizador desta actividade, que chega a súa sétima edición, mantendo o seu obxectivo de consolidar un ano máis a cidade de Ourense como punto de encontro de persoas venezolanas que residen en toda Galicia. As actividades contan coa colaboración do Concello de Ourense.
Desenvolverase no Campo da Feira, desde as 12.00 horas, con entrada gratuíta. Inclúen unha comida típica venezolana, na que non faltarán as tradicionais hallacas e arepas, entre outros produtos, as actuacións de grupos musicais: Los coleguitas, Gaiteros de Zulia, Misael Sánchez, Ender Contreras e Maira Show. Tamén haberá DJ, expositores de persoas emprendedoras, actividades infantís, zumba, danzas de Venezuela e a elección da Raíña