Turismo

Visita á Acrópole de Monterrei

Para facer un percorrido pola Acrópole de Monterrei podese facer a calquera hora e calquera día da semana

Óscar Gómez

Ourense |

Acrópole de Monterrei | onda cero

Para facer un percorrido pola Acrópole de Monterrei podese facer a calquera hora e calquera día da semana, contando para elo con paneis interpretativos tomando a oficina de Turismo de Monterrei, como punto de partida.

Para recibir información na oficina de Turismo de Monterrei o horario de atención será, nos meses de Xullo e Agosto, de lúns a domingo de 11:00h. a 14:30h, polas mañás, e de 16:00h. a 20:30hrs. polas tardes.

O número de atención telefónica é o 988 361360, que tamén está habilitado para recibir mensaxes vía a aplicación Whatsapp.

Para a comunicación electrónica o correo da oficina de turismo é turismomonterrei@gmail.com.

Para a a información e difusión dos recursos turísticos de Monterrei, e tamén como forma de contacto, temos presencia en redes sociais como Facebook ou Youtube donde o nome é Turismo Monterrei ou Instagram donde o nome é Descubre Monterrei.

Dende a oficina de turismo, como punto de inicio, ofrécese o servizo de visitas guiadas á Acrópole de Monterrei. Nestas visitas ofrécese a posibilidade de, facendo un percorrido pola Acrópole, coñecer o interior de lugares como o hospital da Trinidade, adicado a centro expositivo, e a igrexa de Santa María de Graza.

As visitas son de balde, sendo precisa a reserva con antelación poñéndose en contacto coa oficina de turismo.

En horario de luns a domingo polas mañás ás 11:30hrs e de venres a domingo, tamén, polas tardes ás 19:00hrs. Cada visita terá un máximo de 20 persoas.

Poderase acceder ó Hospital da Trinidade, como sala de Exposicións, e a Igrexa de Santa María de Graza consultando na oficina de Turismo. A torre de Homenaxe estará aberta dende as 11:30h. ás 20h tódolos días da semana.