O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou hai unhas semanas que a partir da vindeira temporada o club DUX Internacional de Madrid podería trasladar a súa sede a Ourense incluindo o nome da nosa cidade na súa nomenclatura oficial. Deste xeito convivirían nunha mesma cidade Dux Internacional, Ourense CF e UD Ourense ademáis de outros equipos (Velle, Santa Teresita, Seixalbo, Covadonga ...) que representan a barrios diferentes da cidade.
⚽ El club de fútbol DUX International, de la 1ª RFEF, valora mi propuesta para trasladarse a Ourense y jugar como local, en la temporada 22-23.
En el accionariado del DUX destacan el portero Courtois, los youtubers Kolderiu y DJMariicio, y el campeón de E-Sports, DUX Gaming.
— Gonzalo Pérez Jácome -Alcalde de Ourense- (@gonzalojacome) August 25, 2021
Neste escenario, ¿cal sería o equipo de Ourense?
DUX Internacional de ¿Ourense?
O Internacional de Madrid é un club fundado por un empresario inglés hai varias temporadas.
Empezou nas categorías máis baixas do fútbol madrileño e foi ascendendo peldaño a peldaño ata chegar á desaparecida 2ª división B. Unha das peculiariedades deste club é que tiña o nome máis longo do fútbol español (Sección de Acción Deportiva Club de Fútbol Internacional de Madrid Deportes Sociedad Limitada) aínda que é coñecido cómo Inter de Madrid.
Na súa fundación, en 2002, comenzou xogando en Orcasitas e despois pasou por varias localidades diferentes:
- Dehesa de la Villa
- Moraleja de Enmedio
- Boadilla del Monte
- Villaviciosa de Odón (sede actual)
No verán de 2020 entrou no seu accionariado a empresa de esports DUX GAMING que pasou a formar parte do nome do club convertíndose en DUX Internacional de Madrid.
Ourense CF
O Ourense CF naceu co nome de Puente CF en 1977 e representaba a un dos barrios máis poblados e con máis identidade da cidade de Ourense, o barrio da Ponte. En 1996 engadiu o nome da cidade e pasou a chamarse Ponte Ourense CF. No verán de 2014 mudou o seu nome ó actual (Ourense CF) e pouco despois pasou a xogar os seus partidos cómo local no campo de O Couto.
Estos cambios de nome e, mesmo de cores (camiseta branca/pantalón negro, camiseta branca/pantalón azul e desde esta tempada camiseta azul/pantalón negro) complican a súa identificación coa cidade.
A nosa nova camiseta #OurenseCF
A nosa nova pel 💙
¿ Qué vos parece ?
Primeira Equipación #CamisetaOUCF2122#CamiñoOUCF#IlusiónOUCFpic.twitter.com/PCf0LIKTgI
— Ourense CF #conOdeOurense 👌 (@Ourense_CF) September 10, 2021
Actualmente o Ourense CF compite en 3 RFEF sendo o equipo dunha categoría máis alta do fútbol na cidade de Ourense.
UD Ourense
A Unión Deportiva Ourense foi fundada no verán de 2014 por os seguidores de CD Ourense que desapareceu ese mesmo verán.
A UD Ourense pódese considerar o club que aglutina os sentimentos da maioría dos aficionados ó fútbol na cidade de Ourense.
O seu camiño comenzou na categoría máis baixa do fútbol nacional (3ª Rexional) e en 4 anos ascendeu consecutivamente ata a 3ª división onde permaneceu durante 3 temporadas. A tempada pasada descendeu a Rexional Preferente onde xogará os seus partidos esta temporada.
VOTA - ¿A que equipo apoiarías da cidade de Ourense?