Turismo

O xeodestino “Trevinca-Valdeorras” presenta o seu potencial en turismo

Esta actuación, que se enmarca no convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, permite aos profesionais coñecer in situo destino, co fin de avaliar as súas posibilidades e incluílo na súa oferta.

Óscar Gómez

Ourense | 09.11.2023 10:27

O xeodestino “Trevinca-Valdeorras” presenta o seu potencial en turismo
O xeodestino “Trevinca-Valdeorras” presenta o seu potencial en turismo | Somos Comarca

A Deputación de Ourense está a organizar unha viaxe de familiarización de turismo de natureza e activo no xeodestino “Trevinca-Valdeorras”, xestionado desde o Inorde. Trátase dunha nova actuación de promoción do destino que, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, está a levar a axencias especializadas neste produto turístico a coñecer in situo destino e avaliar así a posibilidade de incluílo na súa oferta.

O obxectivo desta actuación é continuar a xerar notoriedade do xeodestino e impulsar a súa presenza nas canles de comercialización, tal e como se acordou na reunión mantida cos rexedores locais para definir o Plan de Acción a desenvolver este ano.

Durante esta viaxe, as empresas turísticas Espiritu Nature, Destinos en pareja, Btq Eventos, Otros Destinos, Naturalistee Ecotono, visitarán lugares como o parque Natural de Serra de Enciña da Lastra (Rubiá), o Teixedal de Casaio, e as Montañas de Trevinca. Terán a oportunidade de vivir experiencias como aloxarse no Hotel máis alto de Galicia (Hotel Pena Trevinca, pertencente ao complexo municipal de Carballeda de Valdeorras), en casas de turismo rural do Concello de A Veiga ou coñecer lugares da man de guías de montaña e turismo activo que operan no territorio.

Encontro de traballo con servizos turísticos que operan no xeodestino

Ademais de visitas a diferentes áreas dos concellos que integran o xeodestino e que ofrecen propostas que encaixen na temática deste viaxe, organizouse hoxe un encontro de traballo na Bodega Roandi (Éntoma; O Barco de Valdeorras) para que os servizos turísticos públicos e privados que operan na zona presentaran a súa oferta turísticas aos touroperadores invitados.

O xeodestino “Trevinca-Valdeorras” está integrado polos concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.