Ourense Provincia

XII andaina solidaria de Baños de Molgas a favor de “Duchenne España”

O municipio de Baños de Molgas acollerá o vindeiro 29 de outubro a duodécima edición da súa andaina solidaria, que se celebrará en favor da a asociación “Duchenne Parent Project España”.

Óscar Gómez

Ourense | 23.10.2023 08:41

XII andaina solidaria de Baños de Molgas a favor de “Duchenne España”
XII andaina solidaria de Baños de Molgas a favor de “Duchenne España” | onda cero

A proba ofrece aos participantes dous posibles percorridos: un de 19 quilómetros de dificultade media/alta; e outro de 11 quilómetros de dificultade media, para adaptarse a todos os públicos. A saída realizarase en ambos casos ás 9.00 horas desde a Estación de Ferrocarril e, ao remate da andaina, realizaranse sorteos entre os asistentes.

O Concello de Baños de Molgas, como entidade organizadora da proba, estima unha participación dun cento de persoas. O diñeiro recadado con esta proba irán destinados integramente á investigación da distrofia muscular de Duchenne e Becker. Os interesados en participar poderán anotarse por un custe de 10 euros (que inclúe os gastos da proba e o donativo) a través da app Saudeter ou chamando ao Concello de Baños de Molgas (988 43 00 00).