Baixo o tema central “A volta ao mundo en once xardíns”, o Festival, que poderá ser visitado ata finais de outubro, alberga doce xardíns efémeros seleccionados entre case trinta propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial. Destes doce, dez xardíns entran en concurso a través da votación do público que visita anualmente o recinto. Móstranse, ademais, o xardíns gañador do ano pasado, o madrileño Camiño do recordo e o xardín deseñado polo alumnado dos centros docentes de Allariz, CEIP e IES.
Paisaxistas galegos, cataláns, italianos, mexicanos, colombianos, madrileños, granadinos, canarios e ata polacos participan nesta edición na que os visitantes poderán gozar de espazos dedicados a diferentes culturas, territorios, vexetacións...
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz converteuse nunha cita consolidada no panorama paisaxístico e referente a nivel estatal por ser o único con estas características, polo que pasan, de maio a outubro, preto de 40.000 visitantes