Onda Deportiva Ourense - Fútbol
2 Federación
CD Arenteiro perdía na casa (1-2) frente ó Palencia Cristo Atlético. Os de Fran Justo adiantábanse no marcador con gol de Adri Castro pero os palentinos daban a volta ó marcador para levarse os tres puntos. O Arenteiro perde a Victor Eimil, expulsado no penalty do primeiro gol visitante, para o seguinte partido frente ó Marino.
3ª Federación
Na tarde do sábado ó CD Barco visitaba Abegondo para enfrentarse ó Fabril. Os valdeorreses caeron derrotados (2-1) frente ó filial branquiazul
Ó Atlético Arnoia caía (2-0) na súa visita a Cantarrana ante un Viveiro CF que estrenaba adestrador.
Xa na tarde do domingo, o Ourense CF daba un paso adiante ó gañar (1-0) ó Alondras CF. Con esta victoria o equipo de Rubén Domínguez sitúase en postos de play off de ascenso á 2ª Federación.
Preferente Galicia
Na xornada de Preferente, sólo 2 victorias (Ourense e Barbadás) para os equipos ourensáns que os sitúan en postos altos. Pola sua parte, Verín, Velle e Polígono perdían mentras ó Nogueira descansaba esta fin de semana.
A UD Ourense convértese no novo líder da categoría aproveitando a súa victoria en Mondariz (1-3) e a derrota do Cultural Areas na súa casa frente á UD Atios.
A UD Barbadás segue a estela do Ourense e do Areas despois dunha agónica victoria acadada (1-0) con un gol no desconto e coa estelar intervención do seu gardarredes Borja Atanes detendo un penalty na última xogada do partido.
Fútbol Femenino
A EFF Rosalía caía (3-1) na súa visita ó Mos B
E todo o que pasou no polideportivo en Ourense neste enlace